Os 7 establecimentos da Costa da Morte que recolleron a placa de Recomendados da Guía Michelín 2026

ÁAlvaro do Coral da Lonxa D'Álvaro recibindo a placa de Recomendado da Estrella Michelin 2026 onte na Coruña

Entregábanse esta pasada noite no Palexco da Coruña os recoñecementos como establecimentos Recomendados pola Guía Michelín 2026. Entre os 63 hoteis e restaurantes nomeados de toda Galicia, acodían tamén os representantes de 7 establecimentos da Costa da Morte, que recolleron con orgullo as placas outorgadas por CaixaBank.

Os galardoados son:

  • Lonxa D’Álvaro (Muxía).
  • Fragón (Fisterra).
  • Tira do Cordel (Fisterra).
  • Tavernetta da Ponte do Porto (Camariñas).
  • Landua (Mazarucos).
  • Material (Malpica).
  • Hotel Balarés (Ponteceso).
A Tavernetta da Ponte e Hotel Balaées recollendo o Recomendado da Estrella Michelín 2026

Máis arriba no prestixioso ranking gastronómico, con Estrellas Michelín, quedan o Retiro da Costiña de Santa Comba, con 2; ou o Terra de Fisterra e As Garzas de Malpica, con unha.

E por abaixo, na categoría Bg Gourmet, tamén están recoñecidos o Villa de Oro de Camariñas e o Pementa Rosa de Carballo.

Máis novas