O Interrogatorio de Leis con… Alvaro Rodríguez Caamaño da Lonxa d'Álvaro
- ”O CF Muxía é a día de hoxe un dos mellores exemplos do que é o pobo. É un embaixador orgulloso de todo que representa a vila”.
- ”Nos cargos públicos, directivos ou asociativos necesítanse bombeiros, non pirómanos”.
- ”Como ex seminarista sempre crin na evanxelización doutras latitudes”.
- ”Temos que crer máis no noso Fútbol da Costa. Están formando os nosos fillos, e dándolle uns valores que serán os valores que forxen a nosa sociedade do futuro. Deixemos o Madrid e o Barsa, que no sabemos si existen ou son realidade virtual, e enchamos os nosos campos”.
- ”Teño que descatar a xeración dos Alcaina Boys, unha xeración excepcional tanto dentro como fóra do campo, que moitos forman parte da revolución cultural que xera a Asoc. Comarea, da Horta Creativa ou o Camping Lago Mar”.
Na Costa da Morte que o fútbol é paixón ninguén o dubida. E esa paixón polo noso fútbol é sanamente envexada no resto do país. Son moitos e moitas os xogadores e xogadoras doutras comarcas que nalgún momento chegan a gozar deste deporte, ben sexa vendo un partido ou mesmo fichando nalgún dos nosos clubs. Tamén recibimos ano tras ano máis turistas que gozan dos nosos lugares emblemáticos e da nosa gastronomía. Unha gastronomía que, como o noso fútbol, está chea de paixón.
Pero hai un lugar onde ambas paixóns atópanse, crúzanse, un punto concreto da nosa xeografía futbolística e culinaria que xunta paixón e sentimento de pertenza. Nese punto cocíñase e fálase de fútbol con paixón e alegría, sobre todo dun Muxía que, ao igual que A Lonxa d'Álvaro, atravesa un gran momento. Así que para que nos explique o bo momento de ambos quen mellor que Álvaro Rodríguez Caamaño. Imos aló.
Os entrantes
- Tanto A Lonxa de Alvaro como o Muxía están pasando por un momento doce, pero para chegar a ese momento hai un pasado. Iremos pouco a pouco desentrañando ese pasado, adiántanos como foi ese pasado?
Tivemos tempos convulsos, por dicilo dunha maneira suave. As tanganas eran día si día tamén. o que alonxaba cada día un pouco máis aos afeccionados da Arliña. A imaxe desa camiseta, dese escudo, representa a imaxe do pobo alá por donde vai, e a verdade é que naquel momento, o club non era un bo embaixador dos veciños do pobo.
- No mundo do fútbol case todos de pequenos querñiamos ser como alguén en particular. Quen era o teu ídolo futbolístico?
Don Djalma Feitosa Días, Djalminha.
- Que che fixo ser cociñeiro? Tiñas algún referente?
Cheguei a Lanzarote con vinte poucos años, e a verdade é que no sabía fritir unha camisa, nin planchar un ovo...
Traballei de camareiro, e un día non apareceu o encargado da mesa de flambeado... e púxenme eu. Conseguín que non ardera o restaurante, e de paso entroume o gusanillo pola cociña.
Un referente? O da casa... miña Nai.
- Como case todos os canteiráns, tiveches que saír "cedido”. Custou saír da terra?
Non, non me custou. Como bo ex seminarista, sempre crin muito na evanxelización doutras latitudes e outras culturas🤣🤣🤣.
- Coincidimos no exilio, o meu durou 10 anos e dende o primeiro día sempre tiven presente voltar a casa. Tamén coincidimos aí, en que a terra tira?
Si, fóra bromas. A pesar do ben que me trataron en Lanzarote, recoñezo que son un morriñento da miña Muxía.
- Como foi ese regreso e que che aportou esa experiencia?
Foi precipitado pola morte de meu pai. Tiven a volver e tentar poñerme á fronte das empresas de meus pais, naquel momentos un bar e un restaurante.
Eu viña tamén de traballar en hostelería, entón todo o que alí aprendín tentei poñelo en práctica na miña Terra.
- Creaches escola aí porque moitos dos xogadores emprenderon laboralmente, e aquí na casa!
Aí teño que descatar a xeración dos Alcaina Boys, unha xeración excepcional tanto dentro como fóra do campo, que moitos forman parte da revolución cultural que xera a Asoc. Comarea, da Horta Creativa ou o Camping Lago Mar.
Primeiro prato
- Xogaches ao fútbol ou foi incompatible a conciliación de ambas paixóns?
Incompatibles fomos o fútbol e mais eu 🤣🤣🤣. Estou no top 3 dos peores xogadores da Costa, sen dúbida algunha.
- Que significa para ti Muxía e o Club de Fútbol?
Muxía... casa... fogar... familia... amigos... unión... E o CF Muxía é a día de hoxe un dos mellores exemplos do que é o pobo. É un embaixador orgulloso de todo que representa a vila.
- Hoxe o club conta cun grupo de xogadores de gran calidade que se atopan nun momento de madurez importante, deixando claro que o presente é fantástico, con moitas categorías na base. Como ves o futuro?
Estase a sementar ben na canteira. Estase abonando ben esa mesma, e estase regando e mimando ben esas categorías base.... Nótase que temos un presidente agricultor e gandeiro🤣🤣🤣.
Fóra bromas. O traballo duro desta directiva está dando froitos. Un recolle o que sembra.
- Para chegar a este doce momento tiveron que pasar por outros momentos non tan bos. Cales son as claves que fixeron pasar daqueles anos difíciles aos actuais?
A clave foi conseguir a implicación das autoridades do pobo. Conseguir que o Concello, o empresariado, e a veciñanza deixara de vivir de costas ao campo de fútbol, e lograr enganchalos para facer que este club volvera estar entre os grandes da Costa.
- Co teu saleiro habitual e sabendo que isto o van ler catro gatos, cóntame a importancia dun tal Alvaro Rodríguez Caamaño en todo este proceso positivo do club?
A miña importancia??? Que teño más labia que un cura🤣🤣🤣, repito, fun seminarista. En serio, rodeeime de moi boa xente... Noya, Felipe Vllela, Juan Jose, Luis Grixo... E despos souben escoitar a moita xente que disto saben muito, e despos o único que fixen foi poñelas en práctica.
Pero sobre todo foi o conxunto directivo, que logramos que a Federación, e o colectivo arbitral crera en nós. Presentámoslle o proxexto, puxémolo en marcha, eles examináronos moi de cerca, e ao ver que dabamos exemplo, creron en nós, e apoiáronnos en todo. Só podo ter boas palabras para eles.
- Sei que estás presente de moitas maneiras no día a día do club e tamén sei que a túa profesión che impide estar aínda máis presente, pero os que te coñecemos temos claro que volverás o clube nalgún momento, é posible ou xa se che pasou o arroz?
Non. O club está em moi boas mans, inmellorables. Estou moi orgulloso desta directiva. Por suposto cando necesitan algo, eles saben que aquí estou, e tento axudar sempre en todo. Eu fun un chanzo para chegar aquí, pero tan importante coma min, incluso máis foron antes Suso, Estanis, Hucho, Felipe Vllela… que aguantaron do club nos momentos máis difíciles e sen as axudas que hoxe hai. Ou Lolita Campaña, que para que eu entrara, ela tivo que dar un paso ao lado, cando as relacións entre club e concello se enquistaron. Eses son os que tiveron o mérito.
- Vouche poñer algúns nomes e ti defíneos en poucas palabras.
- Michael Vilela: Kaiser, capitán, líder.
- Felipe Vilela: Amigo fiel, compañeiro.
- Manu Nogueira: Crak en todalas facetas da súa vida.
- Víctor Alcaina: Non teño, nin nunca tiven nin terei palabras para definir o qque para min, para o pobo, e para o club representa Víctor Alcaina. Para que te fagas unha idea, a miña muller di sempre que é o meu terceiro fillo. Estou moi orgulloso del, moito.
- Ás veces conséguense títulos sen levantar un trofeo nin liderar unha clasificación, sei que valoras ese tipo de cousas e os dous sabemos a importancia do deporte e máis concretamente do Muxía en todo isto, pero este doce momento merece unha culminación en forma de título. Soñas con Michael Vilela levantando a mellor copa do mundo?
Soño. Muitas más veces do que te cres. Este pasado verán casi se pode dicir que soñei esperto. Espero que pronto o poida ver.
Segundo prato
- Que menú marida mellor co Muxía?
Un menú de Festa... Moitos primeitos, moitos pratos, moi elaborados, moito doce... e todo ben regado claro.
- Pola Lonxa de Álvaro pasan persoas famosas e posan coa camiseta do Muxía, quen che gustaría que fose a seguinte?
O Emérito. No teño ningún Borbón no álbum.
- Muxía viviu nos últimos tempos momentos politicamente convulsos, alguén coma ti que, que sempre que pode dá visibilidade tanto aos encantos da vila como ao bo facer do teu club, como viviu eses momentos nos que a imaxe que se proxectaba non era a ideal?
Tempos pretéritos... quedaron atrás... Falábao antes, o escudo, e a camiseta representan a un pobo, a unha xente... Nos cargos públicos, directivos ou asociativos necesítanse bombeiros, non pirómanos.
- No sector da hostalería hai un enfrontamento entre empresarios e empregados ultimamente, o que vñen sendo a eterna disputa entre os dereitos do traballador e a profesionalidade do persoal Que opinas de todo isto? Es como o adestrador que lle pide máis sacrificio defensivo ao centrocampista de calidade?
Trátase de buscar o equilibrio. Conciliar é o que más demanda ten agora mismo no noso sector E no campo igual, eu diría mais... o primeiros en defender teñen que ser os dianteiros. Defensa en bloque.... a conciliación no campo.
- O equipo está a rendir moi ben sobre todo na Arliña, enorme traballo de Serxio Pataca e plantilla, lástima de tanta lesión…
Si, estánnos lastrando. Pero os chavales están ilusionados, as categorías bases están para isto,e toca dar o salto e dar a cara. Forte abrazo para meu Isma Pose, para Adri Alcaina, para Alex…
- Completa a frase: “O Muxía esta tempada vai…”
Co vento de nordés en popa e a toda vela.
- Que necesita o Fútbol da Costa para seguir medrando?
Crer máis nel. Non se cre nel o que deberíamos. Están formando os nosos fillos, e dándolle uns valores que serán os valores que forxen a nosa sociedade do futuro. Deixemos o Madrid e o Barsa, que no sabemos si existen ou son realidade virtual, e enchamos os nosos campos.
Postre
- É certo que estás a carón da portería que defende o Muxía na Arliña para que, cos teus pantalóns de cores deslumbrar aos dianteiros rivais?
Non é certo. Sempre me poño detrás do porteiro visitante. Son mui supersticioso e teño muitas manías. O ano que subimos puxen o mismo pantalón tódolos domingos. Lavábao e volvíao poñer…
- Julio Vila Torres entre frauta ou gaita escolleu gaita, pero segundo as malas linguas a frase "Non lle apuntan a un cesto" ocurriuselle tras verche xogar nun partido de veteranos, desmintelo?
Non é verdade tampouco. A frase era... Non lle apuntas a un bidón.... e díxoma Pesca de Fisterra🤣🤣
- É certo que despois de cear no teu local I. D. A. non te atreveches a posar con ela coa camiseta do Muxía por medo a que a levase?
Mentira tamén! Ela non estivo, estuvo o alcalde Almeida, e sacou a foto. Si ela viñera, tiña labia dabonda para conseguir que a puxera.
- É certo que tes un acordo con Josiño Destroyer para que a cambio das receitas do luns el actuara na próxima Barca?
Certo! Temos a Josiño, David Jetta, Claptone, Carl Cox e incluso Rokiño.
- Tamén es da confraría dos de cando se perde é por falta de físico ou xa aprendeches algo?
Conciliaaaar.... Conciliaciooooon..... táctica con física, todo forma o xogador.
Máis novas
O Interrogatorio de Leis
- O Interrogatorio de Leis con… Julio Vila Torres.
- O Interrogatorio de Leis con… Juan Cabrejo.
- O Interrogatorio de Leis con... Pablo Vigo.
- O Interrogatorio de Leis con... Miguel Chouza.
- O Interrogatorio de Leis con… Borja Facal.
- O Interrogatorio de Leis con… Trucho.
- O Interrogatorio de Leis con… Josiño Mira.
- O Interrogatorio de Leis con… Serguei.
- O Interrogatorio de Leis con… Dora.
- O Interrogatorio de Leis con… Vítor Recarei.
- O interrogatorio de Leis con Silvia Cancela.
Outras entrevistas en QPC: Os traballadores na sombra
- Barrié, alma do Ponteceso: "Non teño data de caducidade. Cando a teña será cando Dios queira”.
- Fernando, alma do Ameixenda: "O fútbol afeccionado está a perder a esencia de ver rapaces xogando nos equipos do seu Concello”.
- Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“.
- Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”.