luns. 02.12.2024
El tiempo

LINGUA

Máis de 80 medios para celebrar o Día dos Medios en Galego

Alguns representantes dos membros da AMEGA na Gala do Dia dos Medios en Galego  copia
Alguns representantes dos membros da AMEGA na Gala do Dia dos Medios en Galego copia
Máis de 80 medios para celebrar o Día dos Medios en Galego

Este xoves 7 de febreiro, co gallo da saída da primeira publicación realizada integramente en galego, O Tío Marcos da Portela, hai xa 122 anos, celebramos dende o ano pasado O Día dos Medios en Galego.

Un “Día” ratificado por unha declaración conxunta de todos os partidos con representación no Parlamento Galego.

O pasado sábado 2, celebrouse en Pontevedra a II Gala do Día dos Medios en Galego, coa presencia de Touriñán e Ugia Pedreira. Un evento que nos servíu para “sacar peito” e fachendear de coidar a nosa lingua, de ennobrecela a través de usala, de darlle máxima utilidade.

Se ben a AMEGA fórmana arredor de 40 medios (radios, edicións impresas, xornais dixitais…) a entidade vén de contrastar que hai activos máis de 80 medios (incluíndo revistas especializadas, tanto dixitais como impresas) contanto o que pasa no noso país, contando #máisquepalabras

Medios activos en galego (Febreiro 2019)

40 Nordés, 5FM, A Cuarta Parede, A Nosa Terra, A Nova Peneira, A Voz de Vilalba, Ábretedeorellas, Adiante.gal, Ames Radio, Campo Galego, Canal Barbanza, Canal Rias Baixas, Código Cero, Crónica 3, Crónicas da comarca, Culturagalega.org, DiarioDeportivo.gal, Diario Liberdade, Disquecool, Galicia Confidencial, GCiencia, GZmusica, Historia de Galicia, Lugo Xornal, Lindeiros, Luzes, Mazarelos, Nós Televisión, Nova Fantasía, Novas da Galiza, Novas do Eixo Atlántico, O Dez, Ollaparo, O Sil.info, Palavra Comun, Ponte nas ondas, Pontevedraviva, Praza Pública, Que pasa na Costa, Radio Allariz, Radio Arzúa, Radio Burela, Radio Caldas, Radio Cerceda, Radio Culleredo, Radio Estrada, Radio Eume (As Pontes), Radio Fene, Radio Foz, Radio Lalín, Radio Melide, Radio Negreira, Radio Neria (Corcubión), Radio Nordés (Cadena Ser), Radio Oleiros, Radio Ordes, Radio Quiroga, Radio Redondela, Radio Roncudo, Radio Salnés (Cambados), Radio Tui, Radio Xallas, Radiofusión, Revista Feminista Andaina, Revista Feminista Revirada, Revista Morcego, Revista Orballo, Revista Pincha, Sermos Galiza, Sprintmotor, SurfGZ, Televinte Chantada, Televisión de Galicia, Tempos Novos, Teo Vivo, Terracha.xa, Vinte, Xornal de Lemos, Xornal da Mariña, Xornal de Vigo, Zona Press.

Novas relacionadas

Comentarios