Luns. 22.04.2019
El tiempo

Os Medios en Galego “sacan peito”

Os Medios en Galego “sacan peito”

Foto de familia do da Gala dos Medios en galego copia Foto de familia do da Gala dos Medios en galego A zaseira Monica Martinez foi a condutora da Gala do Dia dos Medios en Galego copia A zaseira Monica Martinez foi a condutora da Gala do Dia dos Medios en Galego copia Que a situación do galego non é perfecta é ben sabido polos asistentes á II Gala dos Medios en Galego celebrada esta mañán en Pontevedra. Sen embargo, o espíritu do evento resumiuno o humorista Xosé Antonio Touriñán, que animou aos medios alí reunidos e á sociedade “a sacar peito” da nosa lingua, e amosarse "máis orgullosos que vítimas". Nunha gala dirixida pola zaseira Mónica Martínez e coa máxica intervención musical de Ugia Pedreira, 9 persoas fixeron unha radiografía do estado de saúde da nosa lingua. Uns discursos optimistas pero tamén reivindicativos, lembrando a necesidade dun maior respaldo das administracións, alomenos un trato equitativo coas grandes corporacións, ou a reclamación dunha lei de publicidade institucional. As peticións dos medios en galego non caeron en saco roto, e recibiron a luba varios responsables das administracións, como Xosé Leal, responsable de Cultura na Deputación de Pontevedra, o concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, Alberto Oubiña e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Precisamente este último envioulles unha mensaxe clara de apoio aos medios en galego, para os que dixo que "a Consellería de Cultura terá sempre as portas abertas". Un dos que petou nas portas das administración foi Ubaldo Cerqueiro, vicepresidente da AMEGA e responsable de QPC. "Non nos vale estar presentes só un día ao ano, porque para nós, os membros da AMEGA, todos os días son o Día dos Medios en Galego", sinalou. Pediu ademais "establecer un marco de colaboración por parte das administracións fixo, regulado, que nos permita loitar aos pequenos proxectos xornalísticos contra a precariedade. Que nos permita poder formular un proxecto en clave de futuro para poder saír da supervivencia e da emerxencia do día a día . Que nos permita fixar poboación no rural. Que nos permita poder seguir ofrecendo información libre, de calidade, que ademais provoque que a sociedade vaia obrigando aos grandes trasatlánticos da comunicación, sempre tan axudados por estas mesmas administracións, a virar cara a lingua galega", espetou.

O gato de Schrodinger

Eva Mejuto na Gala dos Medios en Galego Eva Mejuto na Gala dos Medios en Galego O debuxante Kiko Da Silva escenificiou a “incerteza” na que se atopa a banda deseñada galega e reclamou apoio económico para este tipo de iniciativas. Fíxoo cunha curiosa metáfora co experimento do gato de Schrodinger, deixando caer que a lingua galega está a 50% viva ou morta. Luis Álvarez Pousa, de Tempos Novos, indicou que é necesaria unha maior profesionalización dos medios e avanzar na calidade da información e opinión, pero reclamou o esforzo que os medios en galego fan porque, dixo, ofrecen información “con independencia e calidade”. Concluiu que a sociedade “ten que tomar conciencias duns medios sen novas falsas e que non están condicionados”. Pousa indicou tamén que é preciso “dar a voz de alarma ás administracións para que deixen de discriminar no reparto da publicidade”. Anxos Sobriño, en representación de Cotenol, os técnicos de Normalización Lingüística, Xaime Iglesias, da asociación Cedofeita, e Eva Mejuto, organizadora do Salón do Libro, cun fermos e crú poema, completaron o evento de realidade sociolingüística. Todo isto e moito máis en defensa do galego como unha lingua preparada para informar en calquera eido nunha gala que contou coa voz e música de Ugía Pedreira e co humor de Touriñán, que, como indicou, segue vivo a pesares das “moitas homenaxes” que recibiu na última semana por despedirse do Land Rober. [fbvideo link="https://www.facebook.com/mediosengalego/videos/319033202069371/?t=1" width="800" height="400" onlyvideo="1"] Así pechou Touri a Gala, “sacando peito”: [fbvideo link="https://www.facebook.com/mediosengalego/videos/2095890477143300/" width="800" height="400" onlyvideo="1"]

Máis de 60 medios

A día de hoxe AMEGA está formada por prensa, diarios en internet e radio, con máis de 40 medios, e representa a máis de 60 que hai no panorama mediático do país.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Máis novas

 Fonte

 

Comentarios