Un #8M de concentracións locais e telemáticas

O Concello de Carballo vístese estas dúas noites de morado polo Día da Muller

Completo seguemento na Costa da Morte neste Día Internacional da Muller. Un día para deixar patente os problemas que seguen as nosas mulleres, como a falta de valoración dos traballos dos coidados, a sobreexplotación dos traballos nos fogares, a elevada temporalidade e a precariedade laboral que afecta especialmente ás traballadoras…

Coa folga convocada en todos os sectores, e mentres a bisbarra prepara as concentracións convocadas pola CIG, e a concentración convocada pola Organización Feminista Buserana, a bisbarra xa vivíu estes días numerosas accións: as Zoquiñas Vermellas de Buño ou a exposición histórica de Vimianzo entre as máis destacadas.

Concentracións da Buserana

Os colectivos feministas de todo o país decidiron si facer concentracións locais e evitar unha concentración nacional, porque as consideran "máis necesarias que nunca". ”Sen coidados non hai vida” volve ser o lema da concentración da Buserana, despois de que esta pandemia puxese no centro da diana o lema do ano pasado e a importancia dos coidados. A cita é hoxe luns 8 de marzo ás 20:00h na Praza 8 de Marzo de Cee.

Folga e Concentracións da CIG

A CIG,convoca dúas mobilización de mulleres en Carballo e Cee con motivo da folga do 8 de Marzo:

  • Carballo, ás 11:30 horas, marcha con saída dende o local sindical da CIG (rúa Río Sil) até a Praza do Concello, onde se fará concentración ás 12:00 horas.
  • Cee, ás 12:00 horas, concentración na Praza 8 de Marzo.

Concentración telemática e lipdub en Carballo

O acto central do 8M en Carballo será a concentración telemática que celebraremos ás 20.00 horas a través da plataforma www.carballoenrede.com, xa utilizada o 25 de novembro. A partir das 20.00 horas todas as persoas que o desexen, dende calquera lugar do mundo, poderán conectarse dende o ordenador ou o teléfono móbil para amosar o seu compromiso coa igualdade. A concentración durará 15 minutos e rematara coa lectura do manifesto do 8M aprobado polo municipalismo galego a través da Fegamp.

Ademais, o Concello vén de presentar unsimbólico lipdub protagonizado por Maica Ures, Belén Lendoiro, Milagros Lantes, Maruxa Suárez, Mar Eirís, Paula Nogueira, Beatriz Neira, Mari Carmen Vila e María Torres interpretando un fragmento do tema “Que non mo neguen”, das Tanxugueiras.

Actos en Santa Comba

O concello de Santa Comba tamén artella unha serie de accións.

 

Artigos relacionados

Novas sobre o 8M

Crónicas do 8M de 2020