Sábado. 20.04.2024
El tiempo

#8M: As Zoquiñas Vermellas volveron saír á rúa en clave de artesanía e denuncia

Zoquinas Vermellas en Buno
#8M: As Zoquiñas Vermellas volveron saír á rúa en clave de artesanía e denuncia

Este luns é o Día Internacional da Muller. Mentres a veciñanza se prepara para a concentración de Cee convocada pola Organización Buserana, con accións como a exposición histórica de Vimianzo, sucédense as iniciativas pola comarca.

En Malpica, as protagonistas deste 8M volveron ser as Zoquiñas Vermellas. O proxecto de artesanía e denuncia da Olería de Buño volveu saír á rúa este venres, á Praza de Santa Xusta, da man da Asociación. Un movemento que adapta o lanzado en Francia por Elina Chauvet, que pretende servir de denuncia a violencia que sufren as mulleres en tódolos ámbitos e ao longo e ancho da xeografía mundial.

ZoquinasVermellas en Buno

Ademais, estivo presente Ana Saavedra, presidenta da Asociación Mirabal, para recibir o recaudado durante o pasado ano 2020, pola venta dos broches "ZOQUIÑAS VERMELLAS". Un total de 2.625,64 € colleitados nos comercios de Buño e Malpica serán doados para a organización para a axuda da muller.

Zoquinas para Mirabal

Por outra banda, ademáis de darlle continuidade á venta de broches neste 2021, a Asociación Oleira de Buño, como organizadora e a Asociación Visibles, como colaboradora, enfocaranse nos centros escolares, ANPAS e asociacións, que así o demanden, coa organización dunha exposición itinerante de ZAPATOS E ZOQUIÑAS VERMELLAS elaborados con barro de Buño.

Obradoiro/Exposición en Corcubión

Corcubión organiza a exposición “Pioneiras galegas que abriron”, ademais do obradoiro “Desmontando o amor romantiktok”.

Artigos relacionados

Novas sobre o 8M

Crónicas do 8M de 2020

 

Comentarios