Luns. 01.03.2021
El tiempo

Buserana pide vídeos para participar nunha acción virtual de cara ao #8M

8m video buseranas
Buserana pide vídeos para participar nunha acción virtual de cara ao #8M

De cara a este novo e histórico #8M, a Organización Feminista Buserana quere armar un vídeo arredor da idea “Sen coidados, non hai vida”. Un lema que foi protagonista nas pasadas edicións pero que a pandemia veu a poñer de novo no cumio do debate.

Para facelo quere contar con todo tipo de aportacións, por iso piden que se envíe, antes do 28 de febreiro, ao correo [email protected], un pequeno vídeo dicindo unha frase como “As mulleres somos maioritariamente as coidadoras da xente maior”. Deste xeito servirá para participar activamente neste 8 de marzo virtual.

A entidade, en todo caso, ten previsto convocar, se a situación o permite, unha concentración física en Cee.

Novas relacionadas

comentarios