Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As Curandeiras celebran o 8M cunha exposición histórica nas tendas de Vimianzo

Manifestacion no ano 200f contra o machismo en Fisterra-Foto de Javier Alba-Unha Gran Burla Negra
Manifestación no ano 2003 en Fisterra-Foto de Javier Alba-Unha Gran Burla Negra
As Curandeiras celebran o 8M cunha exposición histórica nas tendas de Vimianzo
Un dos epicentros deste 8M situarase nas tendas de Vimianzo. Os seus escaparates acollerán unha exposición moi singular, que lembra a historia das mobilizacións da muller no noso país. Fai 18 anos milleiros de mulleres de Galicia, nun 9 de marzo de 2003, "manifestaban o seu anhelo de igualdade e poñían en práctica a sororidade acudindo a Costa da Morte para apoiar a súas irmás afectadas pola crise do Prestige". Convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres e como parte das movilizacións cidadás do Nunca Máis, percorreron as rúas dende Cee ata Fisterra pechando a celebración do 8 de marzo con manifestos, cantos, reclamos e disfraces nun palco montado no peirao da vila do fin do mundo.

Este 2021, a asociación sociocultural feminista As Curandeiras de Vimianzo en colaboración coa asociación cultural Unha Gran Burla Negra lembran, baixo o lema “Sen Coidados, non hai vida”, estes sucesos cpa Exposición “Mulleres Marchando. Costa da Morte 8M-2003”, que estará dispoñible dende o 5 de Marzo ata o 4 de Abril nos escaparates das tendas de Vimianzo. Unha exposición comisariada pola nosa María Bella e a imaxe gráfica foi realizada por Mauro Trastoy.

As Curandeiras, que este ano prefiren non saír á rúa, e que apoian tanto ás mulleres que farán folga como as que non, queren estar presentes e fano “valéndose das forzas das mulleres que nos precederon noutras tempadas de crise para visibilizarnos, reivindicarnos e celebrarnos”. A loita estará moi viva coa axuda deses testemuños fotográficos de mulleres de toda Galicia que marcharon polas rúas da Costa da Morte durante a crise do Prestige. “Deste xeito queremos alzar a voz, especialmente, polas compañeiras que neste momento realizan tarefas consideradas esenciais e non reciben contra prestación económica por sobreexpoñerse o virus, nin se revalorizan as súas categorias laborais (saf, sanitarias, limpeza, dependentas) Queremos tamén apoiar as mulleres artistas que sabemos que están a vivir momentos de especial vulneravilidade... Son moitas as voces que nos gustaría expresar e reinvindicar…!”

Cartaz exposicion sen coidados non hai vida en Vimianzo

A exposición “Mulleres Marchando. Costa da Morte 8M-2003” recupera unha vintena de imaxes e documentos desta Marcha Mundial das Mulleres que lucirán, gracias á colaboración da Asociación de Establecementos de Vimianzo, en 35 tendas repartidas pola vila que exhibirán as imaxes e documentos ó público. As e os paseantes que desexen realizar o percorrido poden facelo buscando nos escaparates o cartaz identificativo co lema “Sen coidados non hai vida” ou seguindo o mapa que aparece no código QR do cartaz.

 

Novas sobre o 8M

Artigos relacionados

Comentarios