Mércores. 01.04.2020
El tiempo

#8M: O Feminismo baixou a pé de rúa en Carballo

8M en Carballo co Circulo Feminista-Foto-Rebelión Aluminio
8M en Carballo co Circulo Feminista-Foto-Rebelión Aluminio
#8M: O Feminismo baixou a pé de rúa en Carballo

Completou Carballo, na tarde dominical, o póker de accións conxuntas que os 4 colectivos da Costa da Morte artellaron co gallo do Día Internacional da Muller. Afortunadamente, ningunha sucumbiu ao medo do coronavirus, e a algunha voz desautorizada que solicitaba a suspensión das manifestacións, demostrando que o feminismo está moi vivo, e non é unha cousa de elites.

O feminismo está a pé de rúa, como o demostrarou as bravas mulleres do Círculo Feminista de Carballo coas súas mesas informativas ao longo da xornada dominical. O 8 marzo pechábase cunha marcha festiva chea de reivindicacións e cantigas nas que o feminismo vén para adiante e o machismo cara atrás.

A lectura do manifesto comezou lembrando a manifestación de Verín da semana pasada. E o lemas “Sen coidados non hai vida” quere poñer o foco de atención no invisible, nesas tarefas que permiten que o día a día siga sendo posible. Neses traballos da casa que poñen a vida no centro de todo, e da necesidade de poñer en valor todo ese esforzo silenciado que cómpre compartir.
Esixen políticas que garantan os servizos públicos, como o aumento dos permisos de maternidade, a día de hoxe, os máis curtos de Europa.

Pecha así unha fin de semana histórica na Costa da Morte, na que os 4 colectivos feministas comezaron a ver brotar a semente botada naquela Tertulia Violeta de novembro na radiONeria con QPC, e artellaron un plan común, e tecendo as redes da comarca.

En Carnota estiveron tamén as mulleres da Buserana de Cee, das Curandeiras de Vimianzo e do Círculo Feminista de Carballo; en Vimianzo tamén estiveron as bravas mulleres de Carnota, Cee e Carballo; á manifestación de Cee acodiron dende Carnota, Vimianzo e Carballo; e á Carballo non faltaron as chegadas de Carnota, Cee e Vimianzo, para demostrar que as mulleres unidas son moito máis fortes, e seguirán batendo contra o patriarcado.

A cita carballesa contou ademais con numerosas forzas vivas da comarca de Bergantiños, na que a mocidade demostrou que hai un cambio real na nosa sociedade.

Feminismo a pé de rúa

 8M en Carballo-Foto-Rebelion Aluminio Mocidade 28M en Carballo-Foto-Rebelion Aluminio8M en Carballo-Foto-Rebelion de Aluminio
Fotos de Rebelion Aluminio

Novas 8M

comentarios