Venres. 26.04.2024
El tiempo

#8M: Buserana si convoca unha concentración, “máis necesaria que nunca”, en Cee

Buserana Concentracion 8m Cee
#8M: Buserana si convoca unha concentración, “máis necesaria que nunca”, en Cee

Indignante resulta ver como se criminaliza a mobilización das Mulleres, cando temos visto durante estes meses ducias de manifestacións de traballadores da industria do metal, manifestacións pola liberdade de expresión ou mesmo concentracións da extrema dereita. Porén, cando son as mulleres as que queren saír á rúa se lles acusa de falta de respecto ás medidas, lembrando aquelas criticadas manifestacións do 2020, que se celebraban ao mesmo tempo que partidarios de Vox enchían polideportivos en actos electorais.

Coa sensacións de que este ano é “máis necesaria que nunca”, a Organización Feminista Buserana convoca unha concentración polo Día Internacional da Muller para este luns 8 de marzo, ás 20:00h na praza 8 de marzo de Cee.

A pandemia situou o lema das mobilizacións do ano pasado, “Sen coidados non hai vida”, no centro da diana, de aí que as entidades vencelladas ás @Galegas8M queiran recuperalo outra vez.

Por iso, chaman á mobilización, con “responsabilidade, distancia social, máscara…”, para “reivindicar dereitos en igualdade e lembrando todos os coidados esenciais realizados durante a pandemia con nome de muller e condicións laborais moitas veces abusivas: dependentas, nais, sanitarias, panadeiras…”

Artigos relacionados

Novas sobre o 8M

Crónicas do 2020

Comentarios