Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A cara máis íntima do Naufraxio

A cara máis íntima do Naufraxio
Comezamos hoxe unha nova sección da man do fisterrán Xusto Gómez e do muradán Manuel M. Caamaño. Xusto, fisterrán ata a médula, amante da historia da vila do Cristo e, polo tanto, do mar, Xusto vén de amosarnos unha visión moi persoal do naufraxio. Son moitos os habitantes da vila do Cristo que sufriron a traxedia da mar. Son moitos que marcharon, e máis os que quedaron viuvos. Esa cara, a dos que quedan é a que nos quere ofrecer Xusto. E para comezar Xusto abre ben as orellas e toma nota das experciencias que lle contan María del Carmen Couso e Priscila Carabelos, ambas de Marín, muller e filla de Gerardo Pérez Pose, finado no 1991 no naufraxio do Fran C. Deixámosvos con Xusto e coa familia fisterrá.

Frank C: O que o mar nos arrebatou

Á 1:00h da madrugada do día 2 de outubro de 1991, a 30 millas ao noroeste de Rochall, un barco danés, o Nuka Ittuk, divisaba unha balsa salvavidas cun home dentro. Era Gerardo Pérez Pose, patrón de costa do pesqueiro Frank C. Nese intre o barco danés, avisa as autoridades do Reino Unido do afundimento dun barco, que rescataran a un, e que, faltaban 15 mariñeiros máis. De inmediato saíron un avión e mais un barco do servizo de gardacostas das islas Hebridas, pero... nin rastro dos homes, nin da balsa, na que, tiñan espranza poideran estar os mariñeiros. María del Carmen Couso, muller de Benito Carabelos Rosales, un dos mariñeiros desaparecidos cóntame como foi, como viviu, e que sentío, dende o momento da chamada, ata o día que ...tivo que decirllo a sua filla de 9 anos: "A mín chamáronme por teléfono da oficina de Pesca Arosa, decindome que o barco tiña a radio estropeada e perderan a comunicación con eles. Xa me puxen nerviosa e, busquéi quen me levara a Vilagarcía, lugar onde estaba a oficina, pero...mentres, encendín a tele, e... estaban a decir que o Frank C, fora a pique no Gran Sol, non podía cos nervios e, chamei a un familiar contándolle a triste nova, pero este creío que eu toleara e que, non era posible. Máis, eu tiña ansia de respostas a tantas preguntas que me pasaban pola cabeza, marchei pra oficina e alí buscaba a persoa que tivera respostas as miñas preguntas, máis... ¡non había!. Sentía dor... .moita dor, pensando como sería o que lle pasara, a miña vida, parecía que se me ía con el, o meo home, o meo compañeiro, o pai da miña pequena...non volvería máis. Así, estiben dun lado pra outro pola oficina durante duas semanas, movendo a xente que sabía, pero, sempre cos mesmos resultados. A miña pequena, xa a mandara o primer día, pra casa da miña cuñada, deixándolle dito que ninguén lle contara nada do sucedido ao pai, que llo quería contar eu, ... ¡ese día chegou!, ían case duas semanas dende o naufraxio, xa rematara a busca, a pouca espraza xa se esvaecera, pero...¿como explicarlle a unha filla o que, nin eu podía ou quería creer? ¿como decirlle que seu pai, polo que tiña tanta adoración, non voltaría máis?. Foi entón, cando pensei en darlle forma de conto pra que, así o fose asimilando, díxenlle, o principio, que seguramente o seu pai estaría nunha isla deserta, esperando que o rescataran, que estaría ben, e que, faría unha casiña de troncos, que cazaría.....pero..¡non!, non o entendía, quería que, seu pai viñera pra casa, que o fóramos a buscar...¡entón!..era hora de contarlle a verdade. Díxenlle, que, o barco tivera un problema moi grande, que se perdera no mar, e que Deus, levara a seu pai pra xunta del, ela... gritaba de dor, seguíalle decindolle que como era tan bo, que Deus o quería ter o seu lado, pero ela choraba .. gritaba de dor, decia, por que Deus o levou, si era tan bo, tería que deixalo aquí con nos....como ía entender unha nena de 9 anos, unha cousa que, nin eu entendía....choraba... daba patadas...gritaba...,eu... sentíame impotente, xa que non podía aliviar a sua dor, a nena estaba muy unida o seo pai, eran como unha mesma persona...e así pasandoo mal levou moito, moito tempo...ata que, pouco a pouco fomos falando do acontecido, e...fomos encontrando un pouco de paz. aínda hoxe... ilusa de mín, penso que, en calquer intre vai entrar pola porta..." Priscila Carabelos, a filla, lémbranos os recordos bonitos ,as mostras de cariño...: "O primer día que fun o colexio, estaban todas miñas amigas esperándome, na mán tiñan unha cartiñas, e ademáis cada unha delas tiña un paquetiño con un lazo pra mín. Fíxome moita ilusión, foi un xesto moi bonito, inocente e sincero, como unhas nenas de 9 anos demostráronme, a sua maneira, que estaban aí, conmigo. Nunca me esquecerei. Estaba muy unida a meo pai, por pouco tempo que el pasara na casa, os poucos dias que estaba, non me separaba do seu lado, íamos a casa da sua nai a coller peras de san xoan, subiame de pe enrribas del e collias, lembrome da sua canción favorita " a lambada", de que xogábamos moito a supermán e supermana, tamén...dos chichos que se deixaba facer, ca cinta de "carrocero", dous a cada lado da cabeza e un enrriba facendo unha palmeriña....cando íamos pescar, un día.. deixeme os dentes nas pedras, cando collío un peixe tan grande que non cabía na cesta, emocioneime tanto que fun correndo e...todolos dentes de "sombrilla". Ou cando ía a esperalo o muelle, que non lle daba tempo a que o barco atracase de todo, pra tirarme, colléndome os seus compañeiros i eu corría por aquel barco pra abrazalo. Aínda hoxe, non me acerco moito os muelles, un día subime a un mercante e... de súpeto, escomenzóuseme a encoller, absorvíame, non podía respirar, tiveronme que baixar do barco. soño con el, avísame en soños de cousas malas que van pasar, ainda que pareza mentira....soño con un fuselaxe, e, o día seguinte estrelase un avión, soño con que vamos nun tren, e descarrila un o día seguinte, érgome chorando da angustia de non poder facer nada pra salvar a esa xente. O último día que vin a meo pai...foi...¡ na miña primeira comunión!, ¡sí!, os demáis nenos fixéronna no vrán, i eu e máis outra nena agardamos a que nosos pais chegaran do mar. Sí, ese foi o último día que vin a meo pai..." Dende aquí, quero agradecer a Mary, e a sua filla Priscila, que se fixaran en mín, pra que, fose o que lle redactara a crónica dos seus sentimentos, que esto, axude a ambas a superalo. Tamén, dende aquí quería facer un chamamento, para que, polo menos nos camposantos dos pobos mariñeiros, axa un sitio no cal os familiares dos desaparecidos no mar, podanlle levar unhas frores, e, rezarlles unhas plegarias polas almas deles.

Comentarios