Sábado. 03.12.2022
El tiempo

A comarca de Bergantiños conta xa con 328 prazas de escola infantil

A comarca de Bergantiños conta xa con 328 prazas de escola infantil

A apertura da escola infantil de Coristanco o pasado mes de abril fai que a comarca de Bergantiños xa conte con 300 prazas na rede de A Galiña Azul. A comarca conta coa tamén nova escola de A Braña, en Carballo, que completan a oferta das de Carballo, Ponteceso e Laracha ata chegar a un total de 328 prazas. A de Malpica está en camiño, ademais. Mentres, Cabana e Laxe agardan o seu turno.

Así o lembrou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, no decurso da súa visita a esta infraestrutura de 3 unidades e 43 prazas, de Coristanco. Esta construción supuxo un orzamento de preto dun millón de euros e terá un custe de mantemento aproximado de 200.000 euros anuais.
Beatriz Mato lembrou que desde o inicio da lexislatura incrementáronse en máis de 2.400 as prazas en escolas infantís en Galicia, un 44% máis, e, na provincia da Coruña, o aumento na lexislatura foi de máis de 1.100 prazas, un 61% máis das que había en 2009.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.

comentarios