A concesión de obras municipais volve levar a un Concello de Coristanco ante a Xustiza


Volveu a actualidade municipal convertirse en nova a nivel estatal. E o fixo de novo coa xustiza polo medio, co Rexistro levado a cabo no Concello de Coristanco e en varias empresas da zona. Un Rexistro da Policía Xudicial e da Garda Civil que aínda continúa na mañá do venres, e na que están recuperando numerosa documentación á orde do Xulgado de Carballo.
Unha investigación que nace trala denuncia dunha empresa construtora da zona. Unha empresa que se considerou desprazada en varios procesos de contratación de obra pública e que denunciou trato de favor por parte do alcalde Antonio pensado a outro empresario, o administrador das 3 empresas que foron rexistradas estes días, Contenedores Maracaná, Gesmasa e Construcciones Alejandro Martínez e Hijos.
Volve así, como na Operación Orquesta, ser a concesión de obra pública a cusa principal para enxuizar ao Concello. Neste caso foi unha planta de tratamento a culpable, e se ben o empresario afectado e o alcalde aseguran que todo se fixo dentro da lei, o denunciante considera que houbo tráfico de influencias e prevaricación, os posibles delitos que persegue a investigación.
#OperaciónPataca
Xa hai que lle puxo polas redes sociais nome a Operación, e malia que aínda os membros da administración aínda non a catalogaron, malia que o segredo da operación segue vixente, e malia que aínda non hai imputados, xa houbo quen se atreveu a chamala Operación Pataca.
Novo golpe á política municipal
Agora toca esperar, ver se hai imputacións e se as hai unha marea de tempo de instrución para que chegue o xuizo oral. Pasarán anos sen que saibamos realmente o que pasou, e sen saber se hai culpables ou non. Pero a sociedade xa emitiu un xuizo paralelo, inevitable, ao ver entrar a Garda Civil pola forza nunha casa consistorial.
Un novo golpe á política municipal, tan desprestixiada nos últimos anos e que invita a todo menos á rexeneración. Quen vai querer involucrarse a día de hoxe na vida municipal? I é que xa parece que meterse nun partido político a nivel municipal é un acto heroico.
Novas relacionadas
- 12-02-14: Rexistro no Concello de Coristanco por suposto delito de prevaricación e tráfico de influencias.
- 03-02-14: Os recursos retrasan o xuízo oral da Operación Orquesta.