Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte pecha outubro con 8.360 persoas no paro

A Costa da Morte pecha outubro con 8.360 persoas no paro
oficina-emprego-cee Fisterra foi o concello da Costa da Morte no que máis se incrementou o número de desempregados O mes de outubro pechou cun total de 8.360 persoas dos concellos da Costa da Morte anotadas nas listas do antigo INEM. Fisterra foi o municipio da bisbarra no que máis se incrementaron os desempregados, xa que durante o pasado mes un total de 44 veciños pasaron a formar parte desta lista. Pola contra, está o concello de Cabana de Bergantiños, no que hai 20 persoas máis traballando ca no mes anterior. Así se desprende dos datos publicados onte polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Número de desempregados por concellos durante a 31 de outubro de 2017:
  • Cabana de Bergantiños: 286
  • Camariñas: 401
  • Carballo: 2.572
  • Carnota: 243
  • Cee: 580
  • Corcubión: 94
  • Coristanco: 498
  • Dumbría: 245
  • Fisterra: 333
  • Laxe: 270
  • Malpica: 319
  • Mazaricos: 186
  • Muros: 518
  • Muxía: 301
  • Ponteceso: 297
  • Santa Comba: 552
  • Vimianzo: 429
  • Zas: 236
  Máis datos Segundo a análise da Xunta de Galicia, os datos da comunidade son positivos xa que indican que "Galicia pechou outubro cunha caída do paro rexistrado do -6,55%, é dicir, conta con 13.037 persoas menos en situación de desemprego con respecto a hai un ano, o que sitúa á Comunidade en niveis de hai 8 anos (outubro de 2009), encadeando catro anos consecutivos de caídas nun mes de outubro. Neste período, desde outubro de 2013, un de cada tres persoas abandonaron as listas do paro sumando 82.322 persoas menos. Ademais, a baixada é constante desde novembro de 2013, desde hai catro anos". Sobre incremento de paro rexistrado con respecto a setembro, a secretaria xeral de Emprego - Covadonga Toca - apuntou que é a menor subida rexistrada neste mes na serie histórica, desde 1996. Na comunidade o paro rexistrado presenta un crecemento menor que o rexistrado no Estado: en Galicia aumenta nun 1% fronte ao 1,67% do Estado. A nivel estatal, o paro aumentou en 15 comunidades durante o pasado mes de outubro sendo Cataluña a comunidade na que se rexistrou un maior incremento.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios