luns. 11.11.2024
El tiempo

A Costa da Morte perderá un 18% da súa poboación nos vindeiros 15 anos

A Costa da Morte perderá un 18% da súa poboación nos vindeiros 15 anos
Proxeccion Poboacion Costa da Morte 2016-2031 Seguimos analizando os duros datos de poboación que nos aporta o Instituto Nacional de Estatística. Hai unhas semanas recordabamos que nos últimos 20 anos a Costa da Morte perde nada menos que 33.000 habitantes. Pero o verdadeiro problema é que a tendencia continúa. A poboación da Costa da Morte, segundo as previsións do IGE, diminuirá nun 18% nos vindeiros 15 anos. É dicir, en 2031, a poboación estimada dos 19 concellos que compoñen as 5 comarcas da bisbarra terían unha poboación de 111.789 habitantes, polos 137.050 rexistrados en 2016. Atendendo a estas previsións, seríamos pois en 2031 unhas 25.000 persoas menos que en 2016, e unhas 58.000 menos que en 1986, supoñendo unha diminución do 37% nos últimos 35 anos.. Por comarcas e terra do Xallas é a que máis sufrirá, cun 22% de perda de poboación, por diante de Soneira e Muros. Bergantiños, coa realidade demográfica carballesa como principal punto de distinción, é a comarca que aguanta as cifras, cunha diminución do 14%.

Envellecemento: cuadriplicarase a poboación centenaria costeira

Poboacion centenaria Costa da Morte 2016-2031 A cantidade de maiores de 70 con respecto aos menores de 19 anos anos aumentará nun 45% nos vindeiros 15 anos. Será a comarca bergantiñá Pero é a cifra dos centenarios a que dá conta da incidencia do envellecemento activo que vive a bisbarra. Neste 2016 temos na bisbarra 89 persoas centenarias sendo Bergantiños a que máis ten en números absolutos, pero sendo a comarca do Xallas a que presenta unha porcentaxe maior de centenarios sobre a poboación total. En todo caso, a día de hoxe na Terra do Xallas a poboación con máis de 100 só corresponde ao 0,1% do total, sendo dun 0,06 a porcentaxe en toda a bisbarra. As alarmas saltan cando ollamos ao futuro, e nos poñemos en 2031, e a poboación centenaria representará o 0,6% en comarcas como as de Soneira ou Xallas, se ben a comarca de Bergantiños, e sobre todo a realidade demográfica carballesa, manterá que no total da bisbarra os maiores de 100 anos represente o 0,25% do total. Unha cifra que nos di que en 15 anos a poboación centenaria se multiplicará por 4. Envellecemento Costa da Morte 2016-2031

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios