A Costa da Morte recibe uns 300000€ para a limpeza das praias
08:05 27/04/16
A Deputacion da Coruna destina 900000 euros para a limpeza das praias de toda a provincia
Dentro do programa de Limpeza das Praias 2016, a Deputación da Coruña vén de adxudicar un total de 282407,89€ aos concellos da costa da Morte, dentro dun plan que se destina a toda a provincia dotado cun orzamento de 900000€.
Afinalidade do mesmo é apoiar aos concellos no sostemento dos gastos de contratación do persoal que se encargará da limpeza dos areais da provincia durante a tempada estival. Ademais de contribuir á mellora da imaxe das máis de 360 praias coruñesas de cara á tempada estival, este programa axudará tamén á creación de emprego durante os meses de verán, xa que ao cargo deste programa e do de socorristas das praias fluviais e piscinas municipais contratáronse o pasado ano preto de 300 persoas.
Tres meses
A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, polo que os contratos deberán estar comprendidos entre o 1 de maio e o 31 de outubro de 2016.
A Deputación aplicou criterios obxectivos para a baremación das solicitudes, en función da superficie total das praias existentes en cada termo municipal, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino, e da poboación oficial do concello, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística.
A superficie das praias valorarouse cun máximo de 70 puntos -para aqueles concellos que teñan máis de 400.000 metros de superficie de praias -, mentres que a poboación do municipio supuxo ata 30 puntos na valoración.
Os concellos da Costa da Morte incluídos neste plan son:
- Cababa de Bergantiños: 14.367,36€
- Camariñas: 26.537,05€
- Carballo: 33.171,31€
- Carnota: 31.181,04€
- Cee: 23.219,92€
- Corcubión: 6.768,00€
- Dumbría: 20.748,12€
- Fisterra: 19.204,04€
- Laxe: 19.811,83€
- Malpica: 19.651,49€
- Muros: 26.537,05€
- Muxía: 9.697,93€
- Ponteceso: 31.512,75€
- 2015: Denuncian os soldos precarios do persoal de limpeza de praias en Cabana
- 2015: A Costa da Morte foi a zona con máis conciencia na Limpeza Simultánea de Praias
- Redacción QPC ([email protected])
- Deputación