Touriñán, Quilmas, Arou e o Cabo C volven esperar as piscifactorías


Contabamos estes día como a a Xunta abre as portas ás piscifactorías en zonas protexidas coa nova reforma do Plan Director de Rede Natura. A primeira reacción chega do BNG, que como nos informa a parlamentaria europea Ana Miranda, veñen de presentar unha moción, a través dos seus compañeiros de grupo Verdes-ALE do Parlamento Europeo Oriol Junqueras e Raul Romeva.
Para o BNG e os Verdes, "O anuncio da instalación de grandes plantas de acuicultura industrial por parte do Goberno de Galicia en zonas protexidas prioritarias incluídas na Rede Natura 2000, é un dos exemplos europeos de incoherencia ecolóxica, xa que estas plantas poden afectar gravemente a diversas zonas costeiras protexidas".
I é que segundo Miranda, o novo Plano director da Xunta sobre a Rede Natura 2000, e deixa desprotexido un 75% do territorio protexido de Galicia.
As piscifactorías da Costa
Igualmente destaca que o novo Plano tamén toca á Costa da Morte, e os proxectos de acuicultura industrial en espazos protexidos.
Ademais da recuperación do proxecto da Piscifactoría de Touriñán, hai outros proxectos que poderían ser retomados en breve, pois o Plan deixa completamente a ampliación de industrias xa existentes :
- Ampliación da Piscifactoría de Quilmas, a pesar de que o rexeitamento social foi tan grande como nas eliminadas polo PP de Seiruga, Merexo e Camelle.
- Piscifactoría do Cabo C.
- Piscifactoría de Arou.
Novas relacionadas
- A Xunta abre as portas ás piscifactorías en zonas de Rede Natura.
- Pachi Vázquez pídelle a Feijoo en Camariñas que recupere o Plan de Acuicultura e o de Conservas.
- A Xunta lembra que segue en marcha a piscifactoría do Cabo Touriñán.
- A Xunta cambia Touriñán por Merexo, Camelle e Seiruga .
- A USC conclúe que a piscifactoría de Touriñán é incompatible coa normativa europea .
- 6 colectivos piden non repetir en Touriñán o erro do Villano.
- Quilmas: O pobo que quere trigo e non rodaballo .
- Repaso ao Proxecto da piscifactoría do Cabo C.
- Repaso ao Proxecto da Piscifactoría de Quilmas.
- Repaso do proxecto da piscifactoría de Arou.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do BNG da man da parlamentaria europea Ana Miranda.