A Costa do Retraso
          
    20:18 30/09/10 
            
                  Ben  coñecemos o significado desta palabra na Costa da Morte. Non só polo  precario servizo de transporte colectivo ao que sempre hai que esperar. E  non é que sexa ademais por mor do noso ritmo caribeño. Senón que a maioría dos grandes retrasos da nosa bisbarra son por conta allea.  A Xunta, sexa cal sexa a cor gobernante, é a nosa deudora principal e  unha das mellores especialistas en poñer primeiras pedras e esquecer os  prazos.
De retrasos podemos botar un bo repaso. Así que imos ir  falando ben da VAC, do Parador, do Parque do Megalitismo e do Señor  Dombate, do Xeriátrico ou do Parque Empresarial de Vimianzo, de  Vaosilveiro, e se estiramos un pouco, ata chegamos canda Pepe Miñóns e a  súa petición do Tren das 3C de comezos do século pasado. Paso a paso.
Varios son os retrasos arredor da VAC.  Comezamos pola variante máis adiantada, a que vemos na imaxe. A Variante da VAC de Sardiñeiro está a un 75% de execución, cando xa tiña que estar rematada e contará, alomenos, cun ano de retraso.
Pero ademais, botando un repaso, podemos ler nunha nova do 26 de decembro de 2008 que o  treito da autovía entre Carballo e Baio entrará en servizo a finais de  2010 mentres que o seguinte treito, entre Baio e Berdoias- abrirase ao  tráfico tan só 6 meses despois. Pouco que dicir, sómentes que ningunha das dúas obras comezaron. 
Un  dos mellores exemplos de todo este retraso é a ponte de Vaosilveiro. No  medio do Camiño xacobeo entre Fisterra e Muxía, e xa co ano Xacobeo case rematado,  os peregrinos tiveron que dar unha volta de 4 quilómetros, sen apenas  sinalización, para superar o río Castro. As peticións de toda clase de  estamentos e entidades para a contrución da mesma non foi suficiente  para que a máis grande necesidade do Camiño fose realizada en ano  xacobeo.
Así e todo, falamos dunha petición histórica. Xa van de  10 anos que os hostaleiros da zona piden a construción da ponte ante as  continuas queixas dos peregrinos.
Dous por unha no Concello de Vimianzo. O Parque empresarial leva listo para estrear dende finais de 2008.  Pero falta o máis importante, as empresas. O alto prezo das parcelas e a  nula negociación que permiten as entidades públicas fan que tras ano e  medio de ser inaugurado o único que creza no terreo do polígono sexan as  malas herbas.
Tres cuartas partes do mesmo co Xeriátrico. Apurouse para rematar antes de que rematase a lexislatura bipartita, aló por marzo de 2009.  Pero cando o PP chegou ao goberno, anulou todos os procesos de  selección e aínda non tivo tempo para poñelos en marcha. Máis de 50  traballadores e uns 150 maiores agardan pacientemente.
En abril de 2008 saía a concurso o Parador de Lourido.  2 anos e medio despois temos proxecto, e de milagre. Pois a Xunta a  piques estivo de botar abaixo o concurso de ideas do anterior goberno  bipartito e provocar un retraso de anos. Xa propiciou un grande retraso de polo menos 8 meses entre que se anunciara a suspensión do concurso e finalmente se dera por válido. O Proxecto Penelas será finalmente o construido.
20 anos os que esperou Dombate porque lle cambiaran a boina. 20 anos nos que unha das maiores xoias do megalitismo galego estivo baixo unha  carpa de obra, unha carpa da construción. Así e todo resistiu e xa comezaron as obras o pasado febreiro.
Do que non comezaron as obras foi do Parque do Megalitismo.  Por unha banda unha Xunta despistada, e pola outra, as clásicas  rivalidades localistas do "eu tamén quero" impediu que este bonito  proxecto teña, sequera, unha ubicación. O pasado setembro de 2009, a Xunta achegábase ao Castro Borneiro para tratar o "Proxecto Sectorial do Megalitismo da Costa da Morte",  apuntando que "o importante é “levalo adiante con éxito” e non centrar o  debate sobre a súa ubicación". Nada de prazos e así non hai problema  cos retrasos...
                              VAC

A ponte pantasma de Vaosilveiro

O Parque Empresarial de Vimianzo e o Xeriátrico
Dous por unha no Concello de Vimianzo. O Parque empresarial leva listo para estrear dende finais de 2008.  Pero falta o máis importante, as empresas. O alto prezo das parcelas e a  nula negociación que permiten as entidades públicas fan que tras ano e  medio de ser inaugurado o único que creza no terreo do polígono sexan as  malas herbas.
Tres cuartas partes do mesmo co Xeriátrico. Apurouse para rematar antes de que rematase a lexislatura bipartita, aló por marzo de 2009.  Pero cando o PP chegou ao goberno, anulou todos os procesos de  selección e aínda non tivo tempo para poñelos en marcha. Máis de 50  traballadores e uns 150 maiores agardan pacientemente.
O Parador de Muxía
En abril de 2008 saía a concurso o Parador de Lourido.  2 anos e medio despois temos proxecto, e de milagre. Pois a Xunta a  piques estivo de botar abaixo o concurso de ideas do anterior goberno  bipartito e provocar un retraso de anos. Xa propiciou un grande retraso de polo menos 8 meses entre que se anunciara a suspensión do concurso e finalmente se dera por válido. O Proxecto Penelas será finalmente o construido.
Dombate e o Parque do Megalitismo
20 anos os que esperou Dombate porque lle cambiaran a boina. 20 anos nos que unha das maiores xoias do megalitismo galego estivo baixo unha  carpa de obra, unha carpa da construción. Así e todo resistiu e xa comezaron as obras o pasado febreiro.
Do que non comezaron as obras foi do Parque do Megalitismo.  Por unha banda unha Xunta despistada, e pola outra, as clásicas  rivalidades localistas do "eu tamén quero" impediu que este bonito  proxecto teña, sequera, unha ubicación. O pasado setembro de 2009, a Xunta achegábase ao Castro Borneiro para tratar o "Proxecto Sectorial do Megalitismo da Costa da Morte",  apuntando que "o importante é “levalo adiante con éxito” e non centrar o  debate sobre a súa ubicación". Nada de prazos e así non hai problema  cos retrasos...
O Tren das Tres C, un retraso centenario
E xa que estamos, e tirando e tirando, chegamos a comezos do século pasado, e preguntámoslle a Pepe Miñóns polo tren A Coruña - Carballo - Corcubión. Dinos que xa o solicitou e que está en fase de estudio.... Podíamos engadir tamén aquí outras necesidades históricas en materia de comunicación, como un servizo de transporte público en autobús digno, tanto intracomarcal como provincial; ou unha rede de internet de calidade. Pero sería un pouco tramposo pois nunca houbo promesas de que se foran a realizar en un prazo decente de tempo, polo tanto retraso, o que é retraso, non o poderíamos catalogar. Pero bueno, non dubiden en facernos chegar algún outro retraso que se vos ocorra, que de seguro que foron máis de un os que se nos escaparon.Novas relacionadas
- Dúbidas e promesas sobre os prazos da VAC.
 - Os datos técnicos da VAC da Costa da Morte.
 - Un Xacobeo sen Vaosilveiro.
 - O Goberno non cede cos prezos do Parque Empresarial de Vimianzo.
 - Novo concurso deserto e máis retraso no Xeriátrico.
 - 05-01-09: En marzo abrirá a Residencia de Vimianzo.
 - As dúas e distintas vitorias sobre o Parador.
 - O Parador apelídase Penela.
 - A boina de Dombate xa ten a primeira pedra.
 - 20 anos con boina.
 - A Xunta artella o Parque do Megalitismo.
 
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.gal).
 - Fotografía de Marcos Rodríguez.