Venres. 29.03.2024
El tiempo

A crise na pesca de baixura: Máis gastos e menos ingresos

A crise na pesca de baixura: Máis gastos e menos ingresos

Envía estes días a patronal dos pequenos armadores de baixura, ASOAR-ARMEGA, un escrito no que manifesta a grave situación na que se están atopando barcos ante o incremento de gastos aos que lle teñen que facer fronte. A conxuntura complícase unha vez que as capturas cada vez son menores, pois os calados non dan para máis, e iso se traduce nunha baixada de ingresos. A suma de ambos factores sitúan ao sector en grave risco.

Os gastos en material ou as privatizacións de servizos que antes prestaban as administracións, agravadas polo incremento do prezo do gasóleo, fan que un armador nestes tempos de crise nos que é tan difícil manter un posto de traballo.

I é que falamos duns 1.500€ de gastos neste 2012 para unha embarcación de tres tripulantes, unha afrenta moi complicda de superar para os pequenos armadores.

Desglose de novos gastos

Afirman que nos últimos anos o material que deben levar a bordo en materia de seguridade é moi elevado. Pero ademais, "o que resulta moi custoso son as revisións anuais as que se debe someter". Valoran así o gasto, só en mantemento de material, para unha embarcación tipo da costa galega con 3 tripulantes nuns 637€ anuais, aos que hai que engadir 111,67 € da contratación dun servizo de prevención alleo.
Non quedan aí os gastos: 100€ por tripulante polo seguro que privatizou a Xunta en 2010; e outros 42€/mes (504 anuais) pola pronta incorporación ao Sistema Rede, nova privatización dun servizo antes realizado no ISM.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios