Luns. 25.01.2021
El tiempo

As gaiolas de salmón de Muros xa chegaron ao Parlamento Europeo

As gaiolas de salmón de Muros xa chegaron ao Parlamento Europeo

As Direccións Xerais de Medioambiente e de Asuntos Marítimos da Comisión Europea veñen de contestar ao informe presentado contra da colocación das gaiolas de salmón na Ría de Muros Noia. O informe foi enviado a principios de decembro por unha serie de organizacións medioambientais, ONGs, entidades do sector pesqueiro e outros ámbitos, e mariñeiros e armadores da Ría de Muros e Noia, que hoxe amosan a súa satisfacción polo "interese da Comisión Europea para analizar detidamente todo o exposto, seguindo o asunto con interés, e procedendo a responder a maior brevidade posible, tendo en conta a transcendencia e o alcance dos prexuízos que a instalación de ditas gaiolas poidan ocasionar".

O informe reincide sobre os riscos e impactos medioambientais das gaiolas de salmón atlántico que se pretenden instalar na Ría de Muros e Noia. E nsa liña o documento amosábase a rotunda oposición á instalación destas gaiolas, así como de todos os prexuízos que o cultivo intensivo de esta especie pode ocasionar no medio mariño. Este documento contaba co apoio de, entre outros, de Oceana, Greenpeace, Ecologistas en Acción, WWF, Adega, Verdegaia, Salva la Selva Asoar-Armega, ou armadores e mariñeiros afectados.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • Nota de prensa de ASOAR- ARMEGA.

comentarios