Mércores. 11.09.2024
El tiempo

A esquerda non existe

A esquerda non existe
A esquerda en Galicia ten un grave problema. Un problema sen solución aparente, que se substancia nuns resultados que non reflicten nin de lonxe a realidade social palpable a diario na rúa de calquera cidade ou vila de tamaño medio no país. I é que a esquerda en Galicia, como tal, non existe. Dende a consolidación do pensamento de esquedas, alo polo remate do século XIX, a idea a defender é unha e clara; o obreiro e a forza do traballo fronte ao capital. Esta simplificación se pode trasladar a múltiples linguaxes: o pobo é quen mais ordena, a liberdade dos de abaixo fronte os de arriba, o poder da maioría social fronte a uns poucos privilixeidos… e así ata o infinito. E neste contexto, a esquerda tila claros referentes sociais; a forza popular, a manifestación, a folga xeral, o movemento obreiro, a accción popular como ferramenta para lograr cambios, a revolución, a loita…. o límite o poñían só as formas propias da acción democrática, a non violencia (alo menos de xeito incontrolado) e a non aceptación do terrorismo como mecanismo para lograr absolutamente nada. E por debaixo disto cabía todo; repito, todo. A esqueda en Galicia logra a súa maior vitoria no ano 2005. Despois de décadas de Fraguismo, cun aplastante goberno de dereitas, a coalición de centro esquerda e extrema esquerda logra un triunfo axustado pero suficiente. PSdeG-PSOE e BNG logran 867.557 votos dos 1.651.644 de papeletas emitidas votando a algunha opción política, e dicir, máis da metade. Esa diferencia co seguinte en votos, o PP, substanciada en 110.995 votos máis, porén, non se traducía nunha maioría ampla en escanos; 38 contra 37. Pero, dentro do inxusto que ten o actual sistema de reparto, a diferencia obtida polo PP nos recentes comicios se transforma en ¡41 deputados!, a pesar de que a maioría real, en votos, obtida polos populares é unicamente de 31.724 votos máis que a da suma das opcións de esquerda. Problema número un: a atomización. A esquerda en Galicia, incluso antes da explosión do BNG, amósase con ducias de facianas diferentes que provocan unha paradoxa contable: os galegos son, maioritariamente, de esquerdas. Así é, ademais, en votos, dende 2001, a última maioría de Fraga, cun apoio nunca máis alcanzado polos populares, 791.885 votos. Feijoo achegouse a esta cifra en 2009, pero non a alcanzou. Dende aquela, o PP deixou no camiño máis de 100.000 papeletas, cun mínimo histórico de 653.934 votos no 2012, a cifra máis baixa para o PP dende 1989. E, a pesar disto, maioría suficiente para lograr, outra vez, 41 deputados. Por que? Para empezar, este 2016 o PP non logrou nin sequera a maioría dos votos emitidos por un partido. Para entendernos, si as candidaturas foran só 4 e votaran 100 persoas, o PP non tería obtido 51 votos. Nin sequera iso. Ao PP faltáronlle casi 10.000 votos para ter realmente a “maioría” dos votos emitidos por unha candidatura. En partidos que non lograron (nin lograrían nunca, para que enganarnos) representación parlamentaria, quedaron a friolera de 40.448 votos, casi 9.000 máis dos que sacou de diferencia o PP a posible coalición de esquerdas que podería ter formado En Marea, PSdeG-PSOE e BNG. Pero o problema non é “só” a extraordinaria atomización de esquerdas en Galicia. Hai algo máis. En 2005, para unha vitoria pírrica, Touriño e Quintana sumaron, como dicía antes, 867.557 votos. Este pasado 25 de setembro, estas dúas opcións unicamente sumaron 373.534. Os eixos fundamentais da esquerda en Galicia ata a irrupción de AGE en 2012 perderon en 11 anos a friolera de case medio millón de votos. Nada menos. 494.023, para ser exactos. E si ben En Marea recolleu gran parte desta cifra, seguen faltando na cesta da esquerda case un cuarto de millón, a diferencia real entre as dereitas e a esquerda en Galicia dende sempre. Falacia número dous desmontada: Por que Galicia vota sempre polo PP? En terceiro lugar, existe tamén outro mito que vale a pena desmontar. É o que afirma que “cando hai moita participación é peor para a dereita”. 2009 significou a volta a presidencia dun popular, Feijoo, co apoio de 789.427 galegos e galegas. Si ben esta cifra era inferior a suma de PSdeG-PSOE e BNG, o reparto de escanos e a mencionada atomización levan ao PP a unha nova maioría absoluta de 38 contra 37. Socialistas e nacionalistas perdian na suma algo mais de 70.000 votos na elección con maior participación en votos a algunha candidatura na historia: 1.690.975 de votos. Nunca ata entón, e nunca despois, tantas persoas votaron por algunha candidatura. Falacia número tres derrubada: canta máis participación, peor para as dereitas. A última das falacias asumidas pola esquerda non se pode argumentar con números pero creo que a estas alturas queda tamén claramente demostrada. En 10 procesos electorais distintos, tanto BNG como PSdeG-PSOE estiveron liderados por intelectuais. Si entendemos como tales a aquelas persoas especialmente deicadas a literatura, as artes e humanidades, ao ensino universitario ou a outra forma de pensamento. Por algunha razón, nunca na historia de Galicia un partido de esquerdas en disposicion de loitar polo goberno ou por liderar a oposición estivo dirixido e encabezado por un home ou muller que fose algo menos que catedrático. Anxo Quintana, a excepción a esto mesmo, levaba tantos anos en política (senador dende 2000, alcalde de Allariz dende o 89….) que reunía na súa persoa máis horas de poltrona que a maioría de membros da sua candidatura. O sistema ten consolidado de tal xeito as súas normas reactivas e antidemocráticas que resulta imposible ver a un obreiro da construcción, a un electricista ou a un autónomo con comercio propio postularse como líder dun partido con posibilidades de representación pública. E isto, que pode parecer simplista e baladí é, para min, unha das maiores eivas da esquerda galega na súa loita por facer visible a maioría real de esquerdas no país; non hai nin un só líder ó que seguir, alguén de quen fiarse e en quen confiar realmente. A lista de “premios Nobel”, catedráticos insignes, figuras filosóficas da esquerda histórica que teñen sido chamados a encabezar a nacionalistas e socialistas (e “Mareantes”) é tan insigne como inútil. Mentres para liderar a esquerda que representa ao pobo, a mariñeiros e agricultores, a carpinteiros e feirantes, se precisa ter dous doutorados e un master, a dereita presenta a un avogado raso que foi enchufado nada máis sair da facultade e que leva décadas vivindo do “estado do PP”. E arrasa, polo menos entre os seus. O día que a esquerda galega remate co seu complexo de inferioridade, coa atomización e os graves problemas de identificación de prioridades, o día en que se logre un liderado real, convincente e verdadeiro, cando se consiga diferenciar entre o que un quere e o que é mellor para a maioria… cando se alcance a fin a sublimación da cifra e se traslade a realidade da rúa ao parlamento galego, cando exista “a esquerda” en Galicia… entón, a fin, seremos libres. Mentres tanto gobernará o PP, a pesares de que a maioria dos que votaron por alguén, votaron por outra persoa.
  • José Luis Louzán, de RDF Comunicación (louzan[arroba]quepasanacosta.com).
 

Máis novas

Artigos de José Luís Louzán en QPC 2016

Verdades de José Luís Louzán en QPC

As Verdades como puños de José Luís Louzán

Fonte

Comentarios