O parque infantil do Rego da Balsa converterase nun espazo de xogos temático do trolebús

Arrincaron as obras do Parque Infantil do Rego da Balsa. Un espazo que se convertirá nunha área de xogos relacionados do trolebús.

Faise no marco do proxecto "Carballo para a infancia", que afronta a súa segunda fase que tamén incluirá a ampliación do parque do Chorís e a renovación integral dos parques da Praza do Outeiro e do Rego da Balsa.
O Concello quere poñer en valor ese medio de transporte que comunicou Carballo e A Coruña desde 1950 ata 1971. O parque ofrecerá unha representación simplificada do territorio que abranguía a liña do trolebús, comezando pola férveda de Entrecruces e a central eléctrica impulsada por Enrique Sánchez, promotor anos despois da liña de trolebús.
Contará cun tobogán dobre de aceiro inoxidable que representará ás Férvedas de San Paio; terán tamén unha estrutura lonxitudinal que lembra a catenaria do trolebús, e tamén terá tirolina. Será nova e permitirá continuar o percorrido do trolebús ata o seu destino final: Carballo.
O proxecto foi adxudicado á empresa Jardinería Arce por 405.000 euros.