A procesión motorizada do San Cristobo máis comprometida

09:29 06/08/25
Este pasado domingo celebrábase a procesión motorizada do San Cristóbal en Carballo. E ademais das bandeirolas habituais, houbo un camión especialmente comprometido. Un grupo de persoas vencelladas ao Casino e ao grupo de Decrecemento de Carballo, engalanaron un dos seus camións para defender ao pobo Palestino, ao tempo de lanzar a mensaxe de “Salva o Casino˝. Toda unha demostración de compromiso que non pasou desapercibida para a veciñanza.