A loita polas cotas da pesca artesanal chega ás rúas de Bruxelas

Impresionante o traballo dunha pequena organización da Costa da Morte facendo que a voz dos mariñeiros da pesca de baixura se escoite en toda Europa. A Asoar Armega acodía esta semana a Bruxelas, pero desta volta a súa intervención non foi no Parlamento Europeo. Desta volta a entidade galega foi a representante da pesca artesanal española nunha reunión para a constitución da Plataforma Europea de Pescadores de Baixo Impacto (“Low Impact Fishers of Europe").

Mentres a Xunta cualificou de netamente positivos os TACs acadados en Bruxelas tendo en conta o duro punto de partida da negociación.

E unha das accións que realizaron para que a súa voz se vexa tamén no Parlamento (pois esta semana os Ministros Europeos acudían a Bruxelas para participar da negociación do reparto de cotas), foi un acto reivindicativo no centro de Bruxelas, da man de Greenpeace, no cal se espuxeron distintas artes (tramallo, vetas, nasas) e os pescadores se caracterizaron co súa habitual roupa de traballo, tratando de chamar a atención e informar aos Ministros e Delegacións Políticas.
Así, os mariñeiros piden "Menos cota para os grandes e máis para os sostibles". Máis claro imposible.

Iso si, como era de esperar e lamentablemente, nin o Ministro de Pesca español, nin ningunha outra delegación de Pesca de España, se achegaron ata onde estaban os pescadores, a pesar de que foran invitados formalmente con anterioridade.

Un lobby pesca artesanal europea

Na reunión participaron pescadores artesanais de Francia, Alemania, Inglaterra, Holanda, Grecia, entre outros. O primeiro paso para a creación da Plataforma xa está dado, e o nome que se acordou foi “Low Impact Fishers of Europe", donde poderán entrar a formar parte tódalas organizacións do sector da pesca artesanal e o marisqueo, así como pescadores ou armadores que a título individual desexen participar desta plataforma e que se dediquen profesionalmente a este tipo de actividades de baixo impacto.

Aínda que a maioría do grupo participante na reunión voltou a súa orixe, quedaron en Bruxelas varias personas para facer lobby da pesca artesanal, ou o que é o mesmo, para defender e divulgar a pesca artesanal como pesca sostible e de baixo impacto.
Asemade acordouse xa contratar de inmediato unha persoa para que fique en Bruxelas e dende alí poder transmitir directamente aos Parlamentarios Europeos as necesidades e os intereses destes pescadores, sendo o sector que máis riqueza reparte nas zonas costeiras, con unha importancia socioeconómica trascendental para estas zonas.

A Asoar en Europa