Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Asoar-Armega compromete a Dinamarca coa pesca artesanal

A Asoar-Armega compromete a Dinamarca coa pesca artesanal
Luís Rodríguez (á dereita) da ASOAR-ARMEGA, coa Ministra danesa e a pancarta reivindicativa pola pesca artesanal

Impresionante o traballo da Asoar-Armega pola pesca artesanal. A entidade radicada na Costa da Morte segue levando a voz dos mariñeiros e pequenos armadores mesmo ata o Parlamento Europeo, para conseguir un marco específico que diferencie a pesca de altura da de baixura.
E así o fixo chegar o pasado xoves 19 de abril, cando a Ministra danesa de Alimentación, Agricultura e Pesca Mette Gjerskov, recibíu nunha mesa de traballo a varios representantes de ONG de todo o mundo para tratar diversos puntos da futura Política Pesqueira Común (PCC). Unha comparecencia á que foron invitadas ONGs como Greenpeace (valedora de Luís Rodríguez), OCEAN 2012, BirdLife Europeo, Oceana ou WWF. E tamén estivo invitada a Asoar-Armega, como representante da pesca artesanal de toda Europa.

Luís Rodríguez, patrón e mariñeiro, foi o encargado de levar esa voz ata Dinamarca. Pero desta volta Luís foi acompañado dun mariñeiro de Muros. Un mariñeiro que acodía, coa viaxe pagada por unha chea de embarcacións da zona, para comprobar a incidencia da Asoar en Europa. E volvía alucinando da repercusión a nuvel europeo dunha pequena entidade radicada nun curruncho da península ibérica.

Dous detalles simbólicos da xuntanza. Luís destacou o talante, a naturalidade e o respecto da política danesa, e fixo un triste balance do que conseguiría ante un político español, que nunca escoitaría dun xeito tan atento. Ademais, Luís volveu satisfeito, porque a Ministra comprometeuse a levar varias preguntas propostas pola Asoar á vindeira xuntanza do Parlamento Europeo sobre a PCC, que precisamente presidirá o país escandinavo.

Os problemas cos cupos nunha pancarta

Durante este encontro Asoar expuxo os problemas e dificultades reais polos que está atravesando na actualidade a pesca artesanal debido á redución dos cupos e a implantación dos TACs, problemas que están asfixiando cada vez máis a pesca artesanal.
Asoar levou ademais diversa información para poder poñer en manifesto fronte a ministra a forma que teñen de traballar o segmento de flota artesanal, que realiza unhas prácticas sostibles e respectuosas co medio mariño. Entre o diverso material que se lle facilitou atopábanse fotos de diferentes barcos que están participando nunha iniciativa que partiu dende a Asociación, na que varias embarcacións da Comunidade se manifestan en contra da obriga dos TACs para a pesca artesanal, por ser este o único tipo de pesca que é verdadeiramente sostible e porque sempre estivo exento de descartes, para o cal portan as pancartas reivindicativas co slogan “TACS AND DISCARDS ZERO = SUSTAINABLE COASTAL FISHERIES” (TACs e descartes cero = pesca artesanal sostible)".
Reivindicacións coas que a Ministra danesa pareceu estar de acordo e accedeu a fotografarse coa pancarta e cos dous representantes de Asoar-Armega sen ningún problema, como vemos na foto de portada.

Políticas favorables para a pesca artesanal

Por parte das ONGs presentes pedíuselle a Ministra que nos vindeiros Consellos de Ministros Europeos faga presión para que a flota artesanal sexa premiada con políticas económicas e sociais favorables, ademais de que nas seguintes reunións que se realicen para tratar os temas pesqueiros estea presente sempre a pesca artesanal para poder amosar a súa forma de pescar e que na futura PPC se lexisle pensando neste segmento de flota que corresponde a un 80% do total da flota europea.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios