Martes. 07.05.2024
El tiempo

Os fondos do porto de Muxía están un pouco máis limpo

Os fondos do porto de Muxía están un pouco máis limpo
 Un mergullador do CEMMA na Limpeza da ría en Muxía-Foto- CEMMA

Esta fin de semana, o porto de Muxía acollía unha nova xornada "Limpando as nosas Rías", artellada pola Asoar-Armega. Unha xornada de voluntariado na que ademais dos pequenos armadores de Galicia colaboraron na organización Fundación Biodiversidad, Concello de Muxía, Confraría de Muxía, Club do Mar do Ferrol e os mergulladores do Cemma.

Un limpeza ben exhaustiva da ría, a pesar da lixeira choiva matinal, na que uns 15 mergulladores, varias embarcacións da Confraría e de Protección Civil, e unha ducia de veciños conseguiron levantar unhas 4 toneladas de lixo dos fondos mariños. Toda clase de elementos saíron do fondo do mar, dende neumáticos, coma sempre os máis abundantes, bastante vidro (botellas), algúns zapatos, un radio cassette, unha alfombra, unha mochila, bastantes pilas e uns poucos, non moitos, aparellos de pesca. O máis singular foron os restos dun cetáceo: un cráneo e unha costela, o oso da mandíbula dun golfiño e a punta da espada de un peixe espada.

O achádego máis singular foron os restos dun cetáceo

Os outros protagonistas eran os máis pequenos, que dentro da lonxa puideron ir vendo canta vida hai no mar. As bravas da Asoar-Armega estiveron explicándolles, a base de obradoiros de sostibilidade, os animais que viven na nosa zona, e puideron velos de primeira man, como unha morea de estrellas de mar que chegaban cos refugallos. A xornada remataba devolvendo os animais ao seu hábitat, nunha sesión práctica que vale, e moito, aos pequenos.

Os pequenos tamen foron portagonistas na Limpeza de Asoar en Muxia-Foto-Albergue Bela Muxia

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios