Venres. 19.04.2024
El tiempo

A EU investigará o caso das gaiolas de salmón da ría de Muros

A EU investigará o caso das gaiolas de salmón da ría de Muros
Contestación-da-UE-de-aceptacion-da-denuncia-contra-as-gaiolas-de-salmon

Boas novas na loita contra as instalación das gaiolas na Ría de Muros Noia. As organizacións que están a denunciar os riscos e perigos ambientais e productivos do cultivo de salmón atlántico (ADEGA, Verdegaia, Salva la Selva, Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, e Asoar-armega, entre outros), están de noraboa, unha vez que a Unión Europea vén de aceptar a trámite a denuncia, presentada o pasado mes de outubro. Así o asegura a Presidenta da Comisión de Peticións da Unión Europea, Erminia Mazzoni na resolución.

Satisfacción dende as entidades

"En primeiro lugar temos que destacar a importancia desta decisión na defensa dos sectores productivos e dos ecosistemas e de toda a cidadania da ría de Muros-Noia cuios postos de traballo e nivel de vida en grande medida dependen da preservación do valor natural-porductivo da ría e a súa preservación", aseguran dende Asoar-Armega e o resto de entidades.

"En segundo lugar (...) temos que insistir que non debe continuar este tipo de cultivo que arrastra mortalidades do 60% no seu primeiro ano e do (81%) no seu segundo ano e que ten que recurrir a recursos inaplicables a nivel industrial e totalmente irrentables: suministro de inxentes cantidades de auga doce fria por remolcadores contratados pola Administración".

"En terceiro lugar temos que solicitar unha vez máis: Transparencia e Cumplimento da Lei, e que, polo tanto, dunha vez por todas a Administración Pesqueira Galega faga publicos e nos suministre a tódalas organizacións e colectivos interesados, todos os datos e resultados desta experiencia realizada nun ben público: a ría de Muros-Noia, que nos perteñece a todos, e nunha materia que a propia lei así establece, o dereito ao coñecemento público".

"Por último, decir tamén que dada a actual situación temos decidido manter reunións con todos os novos grupos parlamentarios do novo Parlameno de Galicia de modo que coñezan todos os riscos, perigos, irregularidades e resultados que se están a dar en este caso e tratar de xenerar unha estratexia común que dé por rematado, definitivamente, tan desafortunado experimento", solicitan.

Novas da loita contra o salmón en Muros

Fonte

  • Nota de prensa de Asoar-armega, Verdegaia, Adega, Greenpeace, Salva la selva.

Comentarios