Venres. 19.04.2024
El tiempo

O mar achega á Costa da Morte con El Salvador

O mar achega á Costa da Morte con El Salvador
Pescadores de El Salvador en Fisterra

Sorprendente acollida por parte dos mariñeiros locais a un encontro con pescadores e El Salvador, esta fin de semana en Corcubión. O encontro prantexábase como un intercambio de experiencias sobre a pesca artesanal que rematou sendo tremendamente interesante e enriquecedor. Un achegamento froito da xira que están a realizar pola costa galega dentro do proxecto de cooperación internacional a prol da pesca artesanal que Asemblea de Cooperación pola Paz promove no Bajo Lempa, co apoio da Xunta de Galicia, e coa colaboración da A Asociación de Reporteiros Galegos Solidario, Agareso. E de feito, xa estiveran o pasado martes pola Confraría de Lira, ademais de outros portos galegos.

Moitos pescadores locais, e particularmente a Asoar-Armega, compartiron unha completa fin de semana cos pescadores Salvadoreños. Deron un exemplo os mariñeiros da zona involucrándose activamente na procura de solucións. Ao remate, todos consideraron esta experiencia como "tremendamente positiva".

Un pescador salvadoreño compartindo experiencias na Costa da Morte Luis Rodríguez de Asoar-Armega amosando unha presentacion aos pescadores de El Salvador

Compartindo experiencias

Fantástica a resposta dos nosos mariñeiros procurando solucións aos problemas dos homólogos salvadoreños. Eles puideron coñecer de preto como faenan os pescadores artesanais da Costa da Morte, que tipo de embarcacións e artes se utilizan, que especies capturan ou que métodos de traballo utilizan, que indudablemente son moi dispares a os métodos e artes empregadas por estes pescadores, que utilizan embarcacións e artes moito máis básicas.

Especial interés amosaron os pescadores salvadoreños nas actividades medioambientales que a Asoar-armega está a levar a cabo a través da limpeza de fondos mariños, a educación ambiental, ou a limpeza de praias, de feito estes pescadores tamén están comenzando a desarrollar un proxecto medioambiental, xa que a súa actividade tradicional estase a ver ameazada pola contaminación e outras malas prácticas.

Compartindo experiencias na Lonxa-Foto- Susana Alvite

En primeira persoa

Un dos relatos máis tremendos contounos Ivan Peraza. Explicou que sae a pescar a máis de 100 millas adentro, nunha lancha sen cabina, sen protección e de 7 metros de eslora. Esto fai que cada vez que saia arrisque a súa vida, porque pasa en alta mar ata 3 días coas súas noites. Durmindo na lancha a intemperie, con chuvia, frío e todo que se pode imaxinar. Peraza asegurou que cada vez teñen que aventurarse máis para pescar máis peixes.

Visita completa e cultural

Despois do intercambio na sala do SIM, pescadores salvadoreños compartiron cos da Costa da Morte, coa Asoar e coa xente de Agareso un xantar con produtos do mar da Costa da Morte. E non quedou aí a cousa. Pola tarde houbo visita ás embarcacións dos pescadores en Fisterra, e navegaron un pouco para que eles coñeceran os sistemas que utilizan aquí. Posteriormente visitaron as casetas dos pescadores e falaron de tipos de redes, aparellos, etc.

A xornada rematou nun local de Fisterra onde coñeceron de primeira man a música galega con gaita e pandereta.

E para o domingo tocou viista turística, e paseo pola fervenza do Ézaro e o mirador, o Cabo Fisterra e Caneliñas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios