Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A marea branca xa ten comunidade na rede

A marea branca xa ten comunidade na rede

Este un dos vídeos promocionais da campaña Galicia en color‐ Rede de reencontros 10 anos despois. I é que a Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) prantexa o comezo desta campaña cunha palabra clave: gracias.

Ademais, o proxecto segue crecendo e hoxe hai dúas novas salientables. Por unha banda, o voluntariado do Prestige xa pode reencontrarse, dende hoxe, na web de Galicia en Color,www.galiciaencolor.es. “A web será o primeiro espazo para que voluntarios e voluntarias de Europa, o resto de España e mesmo Galicia poidan compartir experiencias e lembrar o vivindo hai unha década”, explica o presidente de APTCM, Manuel Pan.

A outra gran nova da semana é que a campaña colaborará coa Mostra do Encaixe de Camariñas 2012. Este venres coñeceremos máis detalles dese convenio.

Unha comunidade virtual

Precisamente a creación dunha comunidade online é un dos obxectivos da campaña. Que sexan os propios voluntarios os que suban ao Facebook de Galicia en Color os seus vídeos, fotos e comentarios, e que utilicen estes espazos para facer quedadas conxuntas, é para o que nace esta plataforma.

Ademais, esta web vén a dinamizar a información sobre o Prestige. Dende a entidade aseguran que actualmente non existe ningunha plataforma virtual que reúna a toda a comunidade voluntaria da Marea Branca, segundo Pan “actualmente na web só se atopan blogs desactualizados de voluntarios do Prestige, así como moito material gráfico e audiovisual subido a rede polos propios movementos solidarios”.
Neste senso, o presidente de APTCM destaca a importancia de homenaxear ao voluntariado ofrecéndolle un espazo propio, no que poder atoparse con antigos compañeiros e compañeiras, así como compartir material gráfico ou e organizar xuntanzas en Galicia.

“Eu estiven alí”: É unha invitación aos máis de 300.000 solidarios e solidarias que estiveron en Galicia hai 10 anos para que compartan as súas experiencias en texto, vídeos e imaxes. “Todo o compartido polos voluntarios será difundido nas Redes Sociais de Galicia en Color” engade Manuel Pan.

Outro espazo destacado é o de “voluntarios polo mundo” que consiste nun mapa interactivo que indicará os lugares de procedencia do voluntariado que está rexistrado na web.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da APTCM.

Comentarios