A morte por éxito turístico
En ocasións observo a formulación de hipóteses turísticas sustentadas en opinións cuia intensidade e periodicidade provocan relevancia social. O extraordinario potencial desas hipóteses indúceme á súa reflexión e en consecuencia a examinar os efectos que poidan ter sobre o desenvolvemento do sector. Con eses obxectivos, analizo unha expresión que chama especialmente a miña atención: “A MORTE POR ÉXITO TURÍSTICO”, asociada ó incremento constante na chegada de visitantes e á explotación negativa dos recursos territoriais del derivados.
Para tratar este tema, parto da idea de que o turismo ten unha alta capacidade de dinamización, que se ve particularmente activada pola interacción que xurde entre as persoas e os recursos coexistentes no ámbito de actuación. Segundo pasa o tempo desta interrelación empezan a xurdir impactos, que dan como resultado o desenvolvemento turístico, o desenvolvemento social e a configuración do destino turístico.
A OMT clasifica estes impactos en impactos económicos, impactos medioambientais e impactos socioculturais, e advirte xa que os económicos se analizan habitualmente dende a perspectiva dos beneficios que producen, mentres que os medioambientais e socioculturais, sen estaren exentos de beneficios, tenden a ser analizados desde a vertente negativa.
A socióloga Martínez (2006) realiza unha interesante aportación a este marco, ao apuntar cales son os papeis que adopta a poboación residente ante os distintos impactos: así, ante os impactos económicos reacciona collendo as vantaxes inmediatas e protestando polas invasións desproporcionadas. Ante os impactos socioculturais reafirmándose como herdeira dunha cultura que lle é propia, e adaptando ás súas necesidades as vantaxes que aportan as novas culturas que entran nos seus hábitats. E finalmente, ante os impactos medioambientais reacciona identificando os atributos do territorio, e reivindicando a preferencia da súa explotación.
En definitiva, estamos ante un interesantísimo debate no que, como vemos, coexisten posturas certamente encontradas, e sobre o que cabe matizar dous aspectos clave:
- ASPECTO CLAVE 1: Os impactos socioculturais, económicos e medioambientais –sexan positivos ou negativos- non son responsabilidade exclusiva do turismo, ao vérense obxectivamente influídos por outros factores como poden ser a emigración e a inmigración, os medios de comunicación, a educación, a globalización, etc.
- ASPECTO CLAVE 2: O turismo é unha cadea de valor participada por distintos actores interrelacionados, que adoptan roles que condicionan a súa representatividade no escenario do desenvolvemento turístico e, en consecuencia, o seu posicionamento ante o tema aquí analizado.
Ante a “morte por éxito turístico” cabe concluír que
- María José Mato Figueiras, Técnica de Turismo e Guía turístico-medioambiental do Concello de Laxe.
Artigos de María José Mato
Artigos relacionados
- Manuel Vilar: Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía: o perigo do éxito.