Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Neria, en quebra

A Neria, en quebra
Neria en concurso de acreedores

Fan pública esta fin de semana os compañeiros combativos do Foro Costa da Morte unha denuncia importante para a Costa da Morte. Unha nova que xa viña sendo comentada polas rúas e polos círculos de mando, que vén de ratificar o xulgado da Coruña ao decretar a insolvencia da Asociación Neria, entidade supramunicipal, na que están representados Deputación e a maioría dos concellos da Costa da Morte e que durante 22 anos xestionou millóns de euros en fondos públicos para a nosa comarca.

Para os membros do Foro, esta nova “supón o final dunha etapa chea de polémica”. Pero é que xa ten consecuencias directas pois con esta resolución xudicial a entidade evitaría en principio pagar as débedas cos seus traballadores despedidos.

No Foro Social Costa da Morte pregúntase: “Que teñen que decir a isto Deputación e concellos, xa que están na directiva? Non son eles tamén responsables desta mala xestión? Que vai pasar co seu patrimonio? Non habería que pedir unha AUDITORÍA XA que explique como despois de xestionar tantos millóns de euros se chegou a esta situación?

Nós tamén deixamos esas preguntas no aire, preguntando que será do maxestuoso proxecto do Centro do Coñecemento C3M, que debería ter aberto en 2012, que pasar por ser unha das claves desa débeda que sobrepasa o millón de euros, e da que non se coñecen facturas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios