Martes. 23.04.2024
El tiempo

A pesca artesanal esixe un réxime propio na Política Pesqueira Común

A pesca artesanal esixe un réxime propio na Política Pesqueira Común

A flota artesanal Galega acordou comezar cunha campaña de reivindicacións e protestas en defensa da pesca artesanal e en contra da aplicación de políticas pesqueiras, que, como o actual sistema de TACS, están .

O que se pretende e chamar a atención directa do Parlamento Europeo de Pesca e da propia Comisaria de Pesca coa finalidade de reivindicar que se estableza un réxime e un tratamento específico para a flota artesanal na nova Política Pesqueira Común, unha petición xa levada in situ ao Parlamento a través do Presidente da Asoar José Luís Rodríguez.
O réxime propio concederíalle unha maior importancia a esta variedade da flota que representa ao 80% do total e primando as características socioeconómicas e medioambientais desta flota, fronte a outro tipo de flotas.

Esta campaña iniciarase esta semana coa colocación nas embarcacións artesanais de pancartas reivindicativas co slogan “TACS AND DISCARDS ZERO = SUSTAINABLE COASTAL FISHERIES” (TACs e descartes cero = pesca artesanal sostible), a esta iniciativa téñense sumado xa preto de 100 embarcacións de distintos portos do noso litoral e de outros puntos do resto de España.

Ademais diversas ONGs, como Greenpeace, están traballando co sector artesanal en España e en Europa e transmitirán estas reivindicacións á flota artesanal europea.

Con estas accións procúrase que dende a Comisión europea comecen a defender e a apostar pola pesca artesanal por ser esta unha variedade de pesca máis sostible e respectuosa co medio mariño, que apenas xenera descartes, ademais de proporcionar un maior número de postos de traballo, sendo a base socioeconómica do litoral e considerando que a pesca artesanal, polas súas específicas características, e pola súa forma de traballar, a través do uso de artes selectivas, e por ser un tipo de pesqueira sostible económica, social e medioambientalmente, debe estar exenta do sistema de TACS e cotas, por canto esta medida está a prexudicar gravemente o desenrolo da activade pesqueira desta flota e con elo da activade socioeconómica das zonas costeiras, tal e como se ten comprobado nestes últimos tempos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios