Domingo. 06.10.2024
El tiempo

A Plataforma contra os eólicos de Coristanco presenta alegacións xunto cos veciños

A Plataforma contra os eólicos de Coristanco presenta alegacións xunto cos veciños
xuntanza_plataforma_non-eolicos-bustelo-campelo-montetoural_2018-08-21_002

Este pasado martes tivo lugar unha nova xuntanza informativa da Plataforma NON Eólicos Bustelo - Campelo - Monte Toural. Unha Plataforma que xa declara abertamente a súa oposición ao megaproxecto quw afecta aos concellos de Coristanco, de Carballo e de Santa Comba.

Arredor dun veciños afectados (directa ou indirectamente) asistiron á reunión celebrada no Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco, na que se puxeron en común as alegacións que se están xa a presentar, e que o longo da semana presentará un gran número de veciñas e veciños.

Unhas alegacións que recollen puntos referidos ao impacto negativo para a contorna a nivel de saúde, pola contaminación dos campos electromagnéticos e o ruído dos parques eólicos asociados a estas liñas. Isto sen esquecer que a instalación destas infraestruturas afectaría de xeito grave tamén a nivel medioambiental, xa que, ademais da deforestación da contorna, existen varias especies, tanto animais como vexetais, recollidas no catálogo de especies protexidas, algunhas delas coa categoría de especies en perigo de extinción.

Por outra banda, na sesión, tamén se debateron propostas de posibles actuacións futuras, as cales pasan por seguir sumando apoios tanto da veciñanza como de todo tipo de colectivos e, por suposto, das institucións públicas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-plataforma-non-aos-eolicos-en-bustelo-campelo-monte-toural-convoca-unha-nova-xuntanza-en-coristanco/

Artigos relacionados

Novas eólicas

“Un centenar de persoas acoden á creación da Plataforma contra a implantación dos parques eólicos Campelo – Bustelo – Monte Toural” — Que pasa na costa

Máis novas

Fonte

Comentarios