Xoves. 19.09.2024
El tiempo

A Plataforma na Defensa da Terra de Coristanco di que a nave de Gesmaga carece de conexión á rede de saneamento

A Plataforma na Defensa da Terra de Coristanco di que a nave de Gesmaga carece de conexión á rede de saneamento
Imaxe-da-planta-de-Gesmaga-en-San-Paio-de-Coristanco Planta de Gesmaga ubicada en San Paio, Coristanco A Plataforma na Defensa da Terra de Coristanco vén de presentar documentación en varias administracións na que, entre outras cousas, afirma que a nave propiedade da empresa Gesmaga no lugar da Furoca (San Paio) "non dispón, nin nunca dispuxo, presuntamente, de conexión á rede saneamento municipal"; desmentinto así o estudo de impacto ambiental realizado pola promotora. "Pola sinxela razón de que non chega a rede de saneamento a ningún punto do perímetro da parcela" sinalan dende a plataforma. Na documentación aseguran tamén que das arquetas derivadas da parcela - situada no lado sueste da mesma - derivan tubos que verten ás leiras próximas. Asemade denuncian que en dita parcela "estivéronse e estanse presuntamente a enterrar residuos da construcción, sen ningún tipo de medida de seguridade cando na parcela en cuestión solo existe licencia para tratamento de lodos". Segundo sinalan dende a Plataforma na Defensa da Terra de Coristanco, "estas e outras cuestións terán que ser contestadas en primeira instancia polo concello. Esperamos, aparte da veracidade, a eficacia, transparencia, e axilidade que o alcalde prometía aplicar cando estaba na oposición". A entidade tampouco está de acordo coa retirada da quenda de intervención á veciñanza; "aos veciños e veciñas , hai que achegarlle algo máis ca os recibos da contribución e non nos parece coherente pasar de afirmar que o concello é a casa de todos a retirarlle a palabra ao pobo porque non lle guste o que se lle di" indican desde a Plataforma coristanquesa. A Plataforma anuncia que nos vindeiros días solicitará ao concello o local social na parroquia de San Paio onde explicará a veciñanza o alcance do proxecto que Gesmaga pretende levar a cabo na mesma parroquia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios