Martes. 05.11.2024
El tiempo

A potencia de Aspadex triunfa nos premios Nordés

A potencia de Aspadex triunfa nos premios Nordés

Xa coñecemos aos galardoados da XIII edición dos Premios Nordés, que organiza a Radio Nordés Cadena SER. Uns premios que se van outorgar este mesmo venres 23 de novembro, as 21:00 horas, no Salón do Voluntariado de Muxía.

As votacións fixeron que o premio da Audiencia sexa para a activa Asociación Aspadex, tras unha forte loita coa asociación APEM. I é que o traballo de ambas é encomiable.

Pero hai moitos máis premios:

  • O Nordés das Artes recaeu na Coral Xan Mella de Baio, no seu décimo aniversario, pola súa notable traxectoria profesional, destacando valores como o compañerismo, o esforzo ou o compromiso.
  • O Nordés do Deporte foi para o clube de futbol sala feminino Fisober. Nun ano no que estrean categoría, segunda nacional, mérito inestimable, como xa o é pervivir coa condición de deporte minoritario e feminino.
  • O Nordés das Ciencias recae nesta edición no experto en cogumelos José Manuel Castro Marcote; co-fundador e presidente da Asociación Micolóxica Pan de Raposo, a Costa da Morte aporta ao mundo da micoloxía a un dos grandes expertos; e colaborador desta casa.
  • O Nordés á Divulgación é para o muxiá Xan Fernández Carrera, quen a traves das súas guias leva vinte anos poñendo en valor o patrimonio histórico, cultural e natural da Costa da Morte.
  • O Premio NORDÉS é nesta edición para a Confraría de Lira, Carnota, ante a súa defensa e loita pola pervivencia da Reserva Mariña dos Miñarzos. Un premio que chega cando non pasan polo seu mellor momento, os recortes das administracions, entre outras, mermaron de xeito moi notable a tan necesaria vixiancia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Radio Nordés.

Comentarios