A primeira unidade de atención temperá da provincia, en Carballo
Despois das críticas verquidas pola oposición ante o suposto abandono do Centro de Saúde de Carballo, a Xunta vén de realizar o segundo investimento en poucos meses no centro bergantiñán. Despois de ampliar a Unidade de Saúde Bucodental, onte tiña lugar a Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar de Bergantiños (Udiaf).
Trátase dun novo recurso, o primeiro deste tipo na provincia da Coruña, que ofrece unha atención temperá e integral aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con problemas de desenvolvemento ou risco de padecelos e ás súas familias.
Trátase da terceira unidade desta tipoloxía que se pon en marcha en Galicia, tras a de Deza, en Lalín, e a de O Salnés, en Vilagarcía.
Ademais, e, como novidade, recollerase por primeira vez unha partida de 312.500 euros para a nova Rede Galega de Atención Temperá coa que a Xunta financiará servizos específicos de atención temperá nos concellos.
Novas relacionadas
- Amplían a Unidade de Saúde Bucodental de Carballo.
- Denuncia de novo a discriminación da Área Sanitaria da Coruña coa veciñanza de Bergantiños.
- As colas aumentan no Centro de Saúde de Carballo.
- A falta de substitucións aumentan as listas de espera no centro de saúde de Carballo.
- A CIG alerta ante ao posible desmantelamento das especialidades no Centro de Saúde carballés.
- A privatización do Sergas.
- A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Carballo seguirá en marcha.
Fonte
- Xestora da Área Sanitaria da Coruña.