Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A radio toma as escolas

Taller de radiONeria no CEIP Mar de Fora
Imaxe do Taller de radiONeria no CEIP Mar de Fóra
A radio toma as escolas

Semanas de radio escolar. A pasada semana as radios irmandadas da Costa da Morte trasladábanse ao CEIP Mar de Fóra. Ubaldo Cerqueiro, colaborador da radiONeria e Radio Roncudo levaba a emisora ao centro fisterrán para facer un taller co alumnado de 3º e 4º de Primaria.

Con este taller que as radios irmandadas están abertas a levar polas escolas da bisbarra a través do CFR, a rapazada tivo oportunidade de coñecer como chega a radio ata as súas casas e tamén como poden facer maxia, mandando as sáus voces ata Australia a través dos podcast.A Voz do Faro case na rua

Coa axuda dos mestres Mateo e Carlos, o alumnado coñeceu de primeira man as dúas partes fundamentais dunha radio: a parte da redacción ou preparación de contidos; e parte técnica ou gravación, utilizando o programa libre Audacity, e descubrindo o poder das ondas.

O alumnado distribuise diferentes temáticas, dende o 8 de marzo, pasando polo Entroido, e os formatos radiofónicos, facendo un debate, unha entrevista, unha reportaxe e un par de cuñas de promoción turística. Tamén presentaron en sociedade o seu propio proxecto xornalístico: A Voz do Faro (na foto da dereita), do cal o vindeiro número está a piques de saír á rúa.

Estes son os os podcasts gravados, en crú, durante o taller: 

         

A Radio na Biblio

A Radio na Biblio do CEIP As Revoltas
A Radio na Biblio do CEIP As Revoltas

Radio Laretas da Radio na Biblio do CEIP Ricardo TobioParalelamente, no CPI As Revoltas de Cabana continúan co seu fermoso proxecto da “Radio na Biblio”. Este luns recibiron a visita insitucional para dar conta deste programa que busca que o alumnado avance na adquisición de competencias internacionais e mediáticas, imprescindibles na sociedad actual.

Son varios os centros da comarca que contan con esta iniciativa: CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña, en Santa Comba, co “Radio Fuco” como gran programa central; o CEIP Canosa Rus de Coristanco co “Canosa Onda”; CPI Cabo da Area de Laxe, con “Radio Rat”; CEIP Milladoiro de Malpica coa “Radio Balea”; CEIPVíctor Sáenz de Mazaricos, con “Radio Rosiña”; CEIP Ricardo Tobío de Muros co “Radio Laretas” (na imaxe da esquerda); e o CEIP Isidro Parga Pondal de Carballo, que xunto co cabanés, se estrea no programa.

A convocatoria para solicitar para os centros escolares está aberta para o I Concurso de Podcast - Radio na Biblio.

 

Novas relacionadas

Comentarios