Xoves. 07.11.2024
El tiempo

A secuencia do complicado operativo para despezar a balea de Balarés

A secuencia do complicado operativo para despezar a balea de Balarés
Equipo do CEMMA que cuarteou a balea de Balares Equipo do CEMMA que cuarteou a balea de Balares

Da man da Coordinadora para o Estudo de Mamímeros Maríños (CEMMA), traemos a secuencia do complicado operativo de corte da balea varada en Ponteceso. Un proceso longo, que provocou que milleiros de persoas se achegasen ao areal a ver o espectacular exemplar de 18 metros.

No operativo, que durou case unha semana, participaron 11 persoas e CEMMA (vestidas de laranxa) e 8 persoas da empresa Transbeyto (de verde). Sacaron 21 toneladas de carne e aproximadamente unhas 8 de esqueleto, polo que o peso da balea foi máis do estimado, aproximándose ás 30 toneladas. Un proceso que nos serve para respectar un pouco máis o traballo destes profesionais.

Veremos se o Concello de Ponteceso consegue aproveitar o esqueleto para algún tipo de exposición.

Despiece da Balea de Balares-Fotos- CEMMA 1  

Máis novas de fauna mariña

Fonte

Comentarios