xoves. 01.05.2025
El tiempo

A solidariedade chega aos supermercados

A solidariedade chega aos supermercados

Contáxase esto da solidariedade. Se onte no sur da bisbarra os axentes solidarios centráronse nunha realidade tan allea como Palestina, esta fin de semana o norte da Costa mira Estes venres e sábado, días 6 e 7 de maio, e mentres na Coruña se celebra a "XIII Xornada Nacional de Recollida de Alimentos", o Carrefour de Coristanco comeza a súa campaña, dentro da campaña da Fundación Solidariedade Carrefour coa colaboración da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL).

Deste xeito xa está aberta a "Mesa de Bancos de Alimentos" na que voluntarios da entidade recollerán os víveres que se doen. Posteriormente, será o Banco de Alimentos da Coruña a entidade local a encargada de repartilos entre as organizacións coas que colabora.

FESBAL

A Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) está formada por 52 bancos de alimentos e repartiron durante o ano 2008, 69 millóns de quilos de alimentos que permitiron dar para comer a máis de oitocentas mil persoas en perigo de marxinación social e en dificultade. Para reunir os víveres, a FESBAL conta coas achegas de empresas e particulares así como de alimentos provenientes do Programa Europeo de Axuda aos Máis Necesitados que xestiona o Fondo Español de Garantía Agraria e, en parte, distribúen os bancos de alimentos integrados en FESBAL.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios