Luns. 09.09.2024
El tiempo

A UDC volve achegar un curso turístico a Carballo para estudantes e profesionais

A UDC volve achegar un curso turístico a Carballo para estudantes e profesionais
Curso da USC de Turismo en Carballo

Chega a Carballo o V Curso de Verán da Universidade da Coruña "A evolución do turismo no marco da sociedade global” Os días 1, 2 e 3 de xullo a capital de Bergantiños será un foco de atención do sector turístico, unha cita importante dada a necesidade formativa na materia que temos na Costa da Morte.

Un curso no que se analizarán os retos para a planificación e a xestión, dous conceptos fundamentais. Serán 20 horas.

O Curso está preferentemente enfocado para alumnos ou titulados e graduados en Turismo, titulados ou graduados en Administración de Empresas, Economía, Xeografía e Socioloxía entre outros. Do mesmo xeito, tamén é de interese para os profesionais de Turismo tanto dende o punto de vista da planificación e xestión de destinos, como das empresas relacionadas coas actividades turísticas (investigación do mercado turístico, asesoramento e servizos de consultoría, axencias de viaxes, empresas intermediación, etc.)

O prazo de matrícula está aberto ata o 25 de xuño, custando 50€ para público en xeral e 30€ para estudantes, aos que ademais lle outorgarán 1 crédito. Poden pedir máis información en Tel. 981 167 000 ext. 4904, no 881 014 904 ou en [email protected].

Programa

MÉRCORES 1 DE XULLO

09:15 Entrega de documentación 09:45 Inauguración do curso SESIÓN I: Entidades locales e estratexias de planificación e xestión do turismo 10:00 PONENCIA: Modelos de xestión turística a escala local e estratexias de planificación, xestión e promoción do turismo PONENTES: Juan Manuel Lavín Santamaría. Presidente da Ruta do Viño de Rioxa Alavesa.E Carmen Río Coto. Coordinadora Asociación de Gijón para a Calidade Turística. 12:00 Pausa café 12:15 MESA REDONDA: Casos de éxito e experiencias innovadoras na creación e paquetización de experiencias turísticas. MODERADORA: Iria Caamaño Franco (Universidade da Coruña) e falarán Conchi Álvarez, Representante do Camiño dos Faros: Caso da Ruta de Sendeirismo pola Costa da Morte; Fátima Rodríguez Figueiras, Representante da Mancomunidade de Arousa Norte: Luis Sanz, Director Hotel Molino de Tres Grandas (Asturias): Caso do Fin de semana detectivesco; Matías Pérez Such, Director-Gerente de Visit Elche: Caso Ili Palmir, en la búsqueda de los dragones. 14:15 Almorzo SESIÓN II: Patrimonio, turismo e desenvolvemento local sostible 16.00 PONENCIA: O papel dos bens culturais no desenvolvemento socioeconómico de Galicia, con ago Seara Morales (Profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura- UDC- e membro do Consello Superior da Cultura Galega) 18:00 Pausa café 18:15 PONENCIA: Importancia do comercio, o turismo e o patrimonio histórico na revitalización urbana: o caso das ciudades galegas, da man de Sara María Torres Outón (Universidad de Vigo) e Rubén Lois González (Universidade de Santiago de Compostela)

XOVES 2 DE XULLO

SESIÓN III: Investigación e realización de plans e proxectos vinculados ao turismo 10:00 PONENCIA: Elaboración e implemetación de plans e asistencia técnica para destinos a diversos niveis territoriais (local, rexional, nacional) con Josep Ros Santasusana (ROS Development & Planning) 12:00 Pausa café 12:15 PONENCIA: Deseño de rutas turísticas personalizadas: a tecnoloxía aplicada ao turismo con Beatriz Rodríguez Díaz (Universidade de Málaga), Premio Investigación FITUR 2015 14:15 Almorzo SESIÓN IV: A importancia da información e a comunicación para o consumidor turístico 16:00: PONENCIA: Os medios de comunicación como fonte de información e comunicación turística con Esther Eiros (Directora Gente Viajera -Onda Cero-) 18:00 Pausa café 18:15: MESA REDONDA: Estratexias para dar visibilidade aos destinos turísticos: blogs, crónicas de viaxes, oficinas de turismo e guías especializadas. MODERADOR: Cristóbal Atienza Gutiérrez (Federación Española de Periodistas e Escritores de Turismo) e falarán Luís Menéndez Villalva, “Galleira Passport. Crónicas viaxeiras do século XXI”; Javier Mosquera (www.equipaxedeman.com) e Diego Lamas (Presidente Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia)

VENRES 3 DE XULLO

SESIÓN V: Formación, empleo e emprendemento turístico 10:00 PONENCIA: Emprendemento e alternativas de empleo no sector turístico en Galicia con María Traveso Lago (Coordinadora e técnica de proxectos de promoción económica en Promove Consultoría)e Paula Moreno (www.empleoyturismo.com) 12:30: Degustación de productos típicos da Comarca de Bergantiños Clausura do curso e entrega de diplomas


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios