venres. 08.11.2024
El tiempo

A Xunta retira o Borrador da Lei de Acuicultura

A Xunta retira o Borrador da Lei de Acuicultura
Proxecto da Piscifactoria no Cabo Tourinan-Fonte.ADEGA O Plan recuperaba o Proxecto da Piscifactoría no Cabo Touriñán-Fonte.ADEGA

Parece que a sociedade civil volveu gañar unha nova batalla á política. Apenas uns días antes da manifestación convocada en Compostela, aonselleira do Mar, Rosa Quintana, anunciaba esta mañá a anulación do borrador de lei de acuicultura e a súa retirada da exposición pública.

A través dunha misiva, remitida hoxe aos preto de 300 directivos do sector aos que se enviou este borrador de lei, a conselleira do Mar trasladoulles esta decisión. Nela explica que o fai para “garantir que non se levará a cabo ningún labor que puidera ser entendido como contrario ao propio sector”. Lembrou que o texto non estaba en ningún trámite administrativo e que estaba a exposición pública “para ser mellorado coas aportacións do sector”.

Veremos agora a resposta do sector. En principio a manifestación segue en pé, "pois non se trata só da lei de acuicultura, se non que o sector tamén quere un reparto xusto das cuotas, que a pesca artesanal quede exenta dos tac´s e que os gobernos deixen de seguir o dictado da Unión Europea que só busca a desaparición da forma de vida da xente da costa", como recoñece o teniente alcalde de Fisterram Kuka Sar.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios