Aberta a inscrición para participar nun foro de turismo online sobre o futuro do sector
"Estamos ante unha situación crítica que afecta de maneira especial ao sector turístico, tanto ao ámbito empresarial como ao de políticas públicas, e consideramos que este extraordinario momento merece sumar forzas para garantir o futuro dun sector que é estratéxico para a nosa economía", sinala o vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, que convida a participar a todas as persoas interesadas do sector co fin de "deseñar novas estratexias que aposten polo que todo apunta que será a única vía de saída da crise, un turismo sostíbel, de proximidade, e con garantías que faga fronte ao estado de ánimo provocado pola pandemia”.
Para participar neste ciclo de charlas, que serán abertas a todo o mundo, é preciso inscribirse en cada unha das xornadas enviando un correo electrónico a [email protected] até dous días antes de cada unha das sesións. As persoas inscritas recibirán unha ligazón para conectarse a cada unha das sesións.
Programa
- Luns 27 abril as 11h Os entes de xestión ante o futuro do turismo.
- Xoves 30 abril as 11h: Os concellos no novo contexto do sector turístico.
- Luns 4 maio ás 11h: Debate co mundo empresarial do turismo.
- Luns 11 maio as 11h: Comunicación e promoción dos recursos turísticos despois da pandemia.