Mércores. 15.07.2020
El tiempo

17 establecementos turísticos ofrécense para acoller viaxeiros ou persoas de especial vulnerabilidade durante a crise

Casa Canle, un dos establecimentos que se ofrece para aloxar persoas vulnerables durante esta crise do coronavirus
Casa Canle, un dos establecimentos que se ofrece para aloxar persoas vulnerables durante esta crise do coronavirus
17 establecementos turísticos ofrécense para acoller viaxeiros ou persoas de especial vulnerabilidade durante a crise

Por agora aínda non tiveron ningunha petición, pero a oferta está feita. Unha quincena de establecementos turísticos da comarca ofrecéronse á Xunta para acoller traballadores desprazados, persoas en tránsito ou especialmente vulnerables (como persoas sen fogar, en exclusión social e vítimas de violencia de xénero) durante esta crise sanitaria do coronavirus.

A Xunta púxose en contacto con apartamentos e mesmo algún camping para ofrecer, de balde, este servizo a estas persoas que non poden volver ás súas casas.

Tamén se puxeron en contacto con algún establecimento como a Torre de Laxe, dende unha casa de acollida de mulleres por violencia de xénero.

Os que xa se puxeron a disposición da Xunta son estes (non se poden vivendas turísticas):

  • Apartamentos Vida (Corcubión)
  • Casa Enrique (Cee)
  • Apartamentos Vida (Fisterra)
  • Apartamentos Finisterrae Playa (Fisterra)
  • Apartamentos Langosteira (Fisterra)
  • Apartamentos San Guillermo (Fisterra)
  • Apartamentos VidaMar (Laxe)
  • Apartamentos Torre de Laxe
  • Apartamentos Vida Muxía
  • Apartamentos Casa Currás (Muxía)
  • Apartamentos Casa do Campo (Muxía)
  • Apartamentos Sosego d’Oruxo (Muxía)
  • Apartamentos Camino de Finisterre (Mazaricos)
  • Apartamentos de Abelleira (Muros)
  • Apartamentos Manuel Rey (Muros)
  • Apartamentos Casa Canle (Vimianzo)
  • Camping Campamento Turístico Santa María de Brandoñas (Zas)

Son en total 157 os establecimentos en Galicia, para os que isto suporá unha alternativa polo peche de establecementos turísticos adoptado polo Goberno central e que se fixo efectivo onte xoves.

Para a xestión de reservas e dúbidas sobre aloxamento (só para desprazados, sanitarios que non queiran durmir na casa... é dicir, non para establecimentos), están dispoñibles o teléfono 986447060 e o enderezo  [email protected], empresa especializada encargada de dar soporte nestas semanas á demanda aloxativa. Do mesmo xeito, toda a información poderá consultarse na páxina web de Turismo de Galicia:

Novas relacionadas

comentarios