Abraham Gerpe, novo alcalde de Coristanco ao sacar adiante a moción de censura

15:19 25/08/17


TEGA e PSdG vai recurrir
Aínda con sorpresa polo sucedido, dende a Agrupación Provincial Socialista explica que “o documento de expulsión presentado a pasada semana estaba abalado polos servizos xurídicos, mesmo de Ferraz”, polo que “para nós, a todos os efectos está fóra do Partido Socialista”. Deste xeito, aseguran que van recurrir a decisión plenaria unha vez que parece que a cousa se convirte nun asunto xurídico. Así, entenden que “a que lle compete decidir se Gerpe é membro do PSdG ou non é ao propio Partido Socialista”, e ademais, entenden que debe ser a Secretaria e non o pleno o que decida a validez do documento presentado. O mesmo apunta o ata hoxe alcalde, Amancio Lavandeira, de TeGa, que sinalou que o partido vai emprender accións legais por ter aceptado o voto dun concelleiro expulsado. “Trátase dunha moción ilegal”, asegurou Lavandeira. Dende o BNG, Laura Mariño considera que "este non é o último capítulo". "Eu para min non cumpre os requisitos, pero vai ser certo que en Coristanco pode pasar de todo..." En Marea tamén quere denunciar "a actitude antidemocrática do PP na moción de censura de Coristanco". O Vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, rexeitou a nova situación municipal de Coristanco explicando que esta moción de censura "colocará a un ex-alcalde imputado por corrupción como dono do poder na sombra en Coristanco".O PP abrirá expediente aos concelleiros
A primeira hora da tarde o PP informaba de que abrirá expediente aos concelleiros que apoiaron a moción, por considerar que "non seguiron as directrices do partido.A historia da moción de censura de Coristanco
- 25-08-17: O PP abrirá expediente disciplinarios aos concelleiros que fixeron posible a moción en Coristanco.
- 24-08-17: O PP rompe o seu silencio dando por pechada a moción de censura en Coristanco.
- 23-08-17: O PSdG expulsa a Abraham Gerpe e fai case imposible a moción de censura en Coristanco.
- 22-08-17: TeGa arremete contra PP e PSOE no marco da moción de Coristanco.
- 11-08-17: O PSdG Provincial dá marcha atrás á moción de censura de Coristanco.
- 08-08-17: PSOE e PP presentan unha moción de censura en Coristanco.
Máis novas da política municipal de Coristanco
- Agosto 2017: O Concello de Coristanco saneou en 2 anos os 3 millóns de euros de débeda municipal do anterior goberno do PP.
- Xullo 2017: O BNG de Coristanco lamenta “un goberno sen proxecto nin iniciativas” tras un pleno de 15 minutos.
- 22-06-17: O suposto suborno do PP a unha edil de TeGa tensa máis a corda da política coristanquesa.
- 22-06-17: Lavandeira califica de traizón a marcha de Verónica Facal de TEGA.
- 21-06-17: Verónica Facal deixa só ao alcalde á fronte de TeGa de Coristanco
- Febreiro 2017: O BNG sae do goberno de Coristanco e deixa só ao alcalde.
- Febreiro 2017: Os veciños volven quedar sen palabra no pleno de Coristanco.
- Novembro 2016: O PSOE de Coristanco apoia unha moción da revisión do IBI presentada polo PP.
- Xuño 2016: O BNG de Coristanco critica a falsa xenerosidade do edil do PSdG
- Xuño 2016: O edil do PSOE de Coristanco renuncia á súa dedicación.
- Abril 2015: Gerpe, o alcaldable máis novo do PSdG en toda a provincia.
- Xuño 2015: PSOE e BNG apoiarán a investidura a Amancio Lavandeira como novo alcalde de Coristanco.
Máis novas
- Maio 2015: Por que non nos importa a imputación dos nosos candidatos á alcaldía?.
- Maio 2015: A man culpable do alcalde de Coristanco Pensado Plágaro.
- Xuño 2014: O alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos.
- Febreiro 2014: A concesión de obras municipais volve levar a un Concello de Coristanco ante a Xustiza.
- Febreiro 2014: Rexistro no Concello de Coristanco por suposto delito de prevaricación e tráfico de influencias.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).