Sábado. 02.11.2024
El tiempo

“Aldeas con horizonte”: Manifesto por unha moratoria a novos parques eólicos

Simulacion dos eolicos do parque da Salgueiras sobre o Esteiro do Anllons e o Monte Branco
Simulacion dos eolicos do parque da Salgueiras sobre o Esteiro do Anllons e o Monte Branco
“Aldeas con horizonte”: Manifesto por unha moratoria a novos parques eólicos

Entre as máis de 60 entidades que firman o Manifesto “Aldeas con horizonte”, atopamos ás costeiras Asociación Galega Cova Crea, Asociación Ouriol de Anllóns, Asociación Parques Eólicos Outes-Mazaricos - APEOM, Asociación Petón do Lobo, Asociación Salvemos Cabana, Plataforma na Defensa do Monte Neme e a Plataforma Non Eólicos Bustelo, Campelo e Monte Toural.

A Rede Rural Galega por un rural Vivo segue mantendo aberta adhesión, e solicita a todas as entidades preocupadas pola nosa paisaxe que se unan en [email protected].

Trátase dunha campaña para pedir a moratoria a novos parques eólicos en toda Galicia. Unha invasión de viraventos coa posta en marcha de case unha ducia de proxectos en Ponteceso, Santa Comba, Coristanco, Malpica, Vimianzo, Dumbría, Cabana, Mazaricos…:

O manifesto "Aldeas con Horizonte" pide “a revisión dos xa aprobados nos que haxa conflito social e/ou ambiental e a elaboración dun novo marco normativo en materia eólica que promova no país un modelo de implantacion desta enerxía máis ordenado, sostíble, social, participativo, xusto e racional”. A idea é “alertar sobre a ameaza que está a supoñer para o rural galego a actual implantación de parques eólicos e que segue un modelo depredador e abusivo coas comunidades locais, ademais de desatender a normativa actual en materia ambiental, patrimonial e paisaxística”.

O manifeto lembra que os 4.000 aereoxeneradores instalados nos nosos montes xeneran o 15% de toda a potencia instalada no estado (a pesar de sermos o 5,8% da superficie).

Máis información

 

Novas sobre os eólicos

Comentarios