Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A ADECOM constitúese como Federación Comarcal

Xentes de ADECOM no monte da Runa
Xentes de ADECOM no monte da Ruña
A ADECOM constitúese como Federación Comarcal

Un ano despois da súa constitución, a Asociación en Defensa da Costa da Morte (ADECOM) vaise constituir como Federación Comarcal.

Así o rubricarán este sábado 19 de xuño, coincidindo co Día da Terra, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Corcubión, un dos Concellos que aprobou declararse libre de eucaliptos.

A nova entidade “nace coa vocación de crear unha comunidade ecosocial, natural e cultural que atinxa e defenda os intereses da nosa bisbarra, acuciada máis que nunca por distintas ameazas que requiren dunha resposta social inmediata, que non pode ser atomizada senón global, coordinada e enfocada a destinar os máximos esforzos a protexer os nosos recursos e intereses da depredación total en mans de empresas sen escrúpulos que operan co visto e prace do goberno da Xunta”.

Entre os seus obxectivos tamén están loitar contra macroproxectos eólicos ou proxectos de megaminaría. E tamén oporase ao “turismo estival masificado coma única alternativa económica”, “loitará contra a contaminación a todos os niveis, e tentará mediante a conciencia social e a divulgación propiciar un novo modelo económico limpo, substentábel, que permita fixar poboación na zona e mellorar a calidade de vida da veciñanza da Costa da Morte”.

A entidade invita a todas as persoas individuais e asociacións ou colectivos que desexen formar parte do proxecto a sumarse en asemblea.adecom.gal.

Novas relacionadas

Comentarios