Luns. 09.12.2019
El tiempo

Adhara & Ritman, finalistas do XI concurso Fran Pérez "Narf"

Adhara & Ritman, finalistas do XI concurso Fran Pérez "Narf"

Imparables segue a banda costeira Adhara & Ritman. A banda de Adhara Caamaño, a voz, coñecida como "A Cuncheira de Sofán" segue rompendo barreiras. Ao lado de Luís Alberto Barbeiro, Arturo Kress e Andrés José Castro, acaban de colocarse entre as cinco bandas que o xurado escolleu como finalistas para a XI edición do concurso Fran Pérez Narf para grupos e artistas musicais da Deputación da Coruña.

A banda mestura as raíces folk galegas con outros estilos puros de raíz como o blues, reggae, swing, etc... O seu primeiro CD titúlase "Libre son”, cos temas compostos pola carnotá.

Mileth, Costa escura, Rebezo e Rabuda son as outras 4 bandas finalistas. Nun concerto que se celebrará no mes de novembro decidirase quen será a banda gañadora das cinco que compiten na XI edición do premio Narf da Deputación da Coruña.

Os premios desta edición do certame serán de 3.000 euros para a primeira clasificada, 2.000 para a segudna, 1.500 para a terceira e 1.000 para a cuarta e quinta clasificada.

Máis novas musiqueiras

Comentarios