Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os Bastardos de Rivera levan o seu ghalpunk por toda Galicia presentando o seu novo disco

Bastardos de Rivera 2018
Os Bastardos de Rivera presentan o seu primeiro disco de estudio
Os Bastardos de Rivera levan o seu ghalpunk por toda Galicia presentando o seu novo disco

Xa están no Bandcamp e pronto comezan a súa xira por Galicia para presentar o seu primeiro álbum de estudio: “Masacre”. Ribeira (Pub Heaven & Hell o 21/09), Valenzá (Festival Tangharaño Rock o 28/09), Compostela (Gentalha do Pichel o 12/10) e Sarria (Sala Buril o 21/12) son as súas primeiras citas confirmadas, pero os Bastardos de Rivera esperan dar moita máis candela por aí este outono.

A banda de punk de Vimianzo, os Bastardos de Rivera gravou o “sedé” no Garageland Estudio (Marín) coa axuda de Xosé Aller

Eles son Andrés Fuentes (voz); Pablo Alvite (batería), Robe Miñones (baixo), Xaquín Lema (guitarra) e Xan Castro (guitarra) e levan dende 2014 armando o seu “punk de ghalpón” por aí.

Despois do seu primeiro disco, autogravado en 2015 todo #madeinfeitonacasa, chega Masacre que inclúe 9 temas escollidiños dende o inicio da banda ata o presente.

Máis novas musiqueiras

Comentarios