Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Adisbismur invita á veciñanza a concentrarse no Conchido para animar a marcar a X Solidaria

Concentracion Adisbismur Outes X SOlidaria
Adisbismur invita á veciñanza a concentrarse no Conchido para animar a marcar a X Solidaria

Chega o mes de abril e chega a Declaración da Renda. E as entidades sociais mobílizanse para que as persoas que cubran a Declaración teñan en conta a importancia que ten para elas. Cunha pequena X na casilla 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social” podes posibilitar que se leven a acabo moitos proxectos.

Así o fai ver a entidade Adisbismur, que puido adquirir en 2023 numeroso material para os seus obradoiros ocupacionais cos 7.092€ colleitados con esa X Solidaria.

Por iso, a entidade vai realizar unha concentración solidariao que se levará a cabo o próximo 3 de abril no Campo de Fútbol O Conchido de Outes. Unha concentración á que invita a participar a todo o mundo cos seus paraugas en man para formar unha X grande como símbolo de solidariedade. En colaboración co Concello de Outes e co Outes FC, a entidade quere sensibilizar sobre a importancia da X Solidaria a través das etiquetas #ChámalleX e #LlámaloXSolidaria nas redes sociais. Marcando a X Solidaria, contribuídes a programas e proxectos para persoas en risco de exclusión, sen custo adicional.

Lembran que na última campaña, 750.867 persoas marcaron a X Solidaria en Galicia, o que permitiu recadar 21.391.293€. Con todo, aínda hai 627.161 persoas contribuíntes que non marcaron esta casilla. Co voso apoio, a entidade considera que se poden chegar a recadar 13 millóns máis máis para axudar a quen máis o necesitan.

Novas da X Solidaria

Comentarios