Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A X Solidaria da Declaración serve para que Íntegro poida xerar a súa propia enerxía

Paneis solares de Integro-Enerxia fotovoltaica
A X Solidaria da Declaración serve para que Íntegro poida xerar a súa propia enerxía

Enerxía de todo tipo hai en Íntegro. Mareas de enerxía positiva desprende o centro e os usuarios que alí desenvolven a súa vida. Pero dende xa, tamén hai enerxía renovable, gracias á instalación de 24 paneis fotovoltaicos e baterías que permitirá abastecer o centro de recursos situado en Nantón.

O proxecto está co-financiado pola Xunta de Galicia, a través dos fondos do 0.7% do IRPF da declaración da renda procedentes de marcar o cadro de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, a chamada X Solidaria. Un bo exemplo do aproveitamento deste simple xesto cando facemos a declaración.

Máis novas

Comentarios